Skip to Content

Lenda de "O Samaín"

O Samaín

Lenda do SamaínNa noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, marcando a transición do verán ao inverno. Durante esta noite os druídas (a caste sacerdotal dos celtas) recollían as bagas de acivro cunha fouce de ouro. Acto seguido depositaban esas bagas nun caldeiro ou as tiraban a un manto branco que sostiña outro druída no chan. Despois, esas bagas tan especiais, terían indubidables poderes curativos para o poboado, e para as súas elaboracións "máxicas".

Uns días antes do ano novo, tiñan lugar innumerables sacrificios animais, semellante “as matanzas” de hoxe. Estes sacrificios de animais, facíanse co obxectivo de aprovisionarse de carne e de pel para o inverno.

Esta data está moi relacionada co mundo dos mortos. Os celtas crían que esa noite, unha "porta" se abría, e o mundo dos vivos quedaba en comunicación co dos mortos, polo menos por unhas horas.

Durante este período non se podía saír do pobo, xa que as ánimas dos finados volvían visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles tiñan preparados os parentes. Durante esas horas, podíase tocar, palpar e ata se podía traspasar ao mundo dos mortos. Por iso en todo o pobo había fogueiras. Estas, non se acendían coa intención de espantar aos malos espíritos, nin nada diso, senón que se acendían para poder guiar aos mortos na escuridade da noite, para que atopasen aos seus parentes e fogares, e se puidesen quentar coa calor do lume do fogar.

Nesta festa celta, hai que mencionar unha curiosa tradición: os celtas, esas noites, amontoaban as caveiras dos seus mortos (e tamén dos seus inimigos) e pintábanas. Esta tradición tivo repercusións na nosa cultura, xa que nas encrucilladas dos camiños facíanse amontoamentos de pedras (chamados milladoiros) e tíñase o costume de depositar unha pedra e pedir un desexo.

A tradición de realizar un magosto nesta noite está relacionado coa crenza de que por cada castaña que se comía salvábase unha ánima do purgatorio.


RECURSOS EDUCATIVOS




book | by Dr. Radut