Skip to Content

Ponlle as pilas ao teu bocata

O alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º curso de Ed. Primaria participou o xoves 22 de setembro nun obradoiro de cociña nas instalacións da Concellería de Sanidade do barrio das Lagoas, dentro do programa "Ponlle as pilas ao teu bocata" cofinanciado polo Fondo europeo de pesca e ANFACO-CECOPESCA.

Os chef de cociña Aitor Tilla e Ana Tillas, dun xeito ameno e lúdico, ensináronnos unha pila de beneficios que teñen os produtos do mar, xa que un bocata de conservas do mar leva toda a enerxía que necesitamos para alcanzar todas as nosas metas. As conservas do mar son ricas en proteinas moi importantes para crecer e levan vitamina B12 que é fundamental.

Fixéronnos unha chea de agasallos: dúas camisetas, unha gorra e un libriño de receitas de bocatas para que poñamos en práctica nas nosas casas o aprendido.

Como remate da actividade, fixemos unha degustación de bocatas elaborados con diferentes produtos do mar: bonito, mexilóns, xardiñas e chocos.

...pasámolo xenial

Galería de imaxes



page | by Dr. Radut