Skip to Content

PVAD-Xogade

Proxecto de Vida Activa e Deportiva

IOGA E MINDFULNESS

ioga

A docente Raquel Cela despediuse do alumnado do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizando una sesión de Ioga e Mindfulness co alumando de 1º e de 4º de Educación Primaria.

Estas actividades son fundamentais para o alumnado xa que axúdalles a relaxarse, a aliviar o estrés, a ansiedade,... axudándolle a descansar mellor e a mellorar o seu control emocional e os seus estados de ánimo.

ioga

A MILLA DIARIA.

No curso escolar 2023/2024 e dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD), co que pretendemos abordar a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fora do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado, estamos a desenvolver a modalidade da “Milla diaria” coa que perseguimos traballar os seguintes obxectivos:

  • Realizar unha milla diaria (andando/trotando) dentro do horario lectivo.
  • Incrementar a actividade física diaria dentro do horario lectivo.
  • Medir o impacto na saúde do alumnado a través do seguimento duns parámetros mínimos saudables (peso, perímetro de cintura-cadeira, talla <IMC>).
  • Traballar de forma transversal os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas-).

Como actividade central, todos os días, despois da segunda hora lectiva de clase, todo o alumnado do centro dá dúas voltas a un circuíto realizado no patio. O alumnado de E. Infantil, realiza aproximadamente media milla e o de Ed. Primaria unha milla.

 milla_galeria

Carreira solidaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro

Carreira Solidaria no Sueiro: Un Éxito de Participación e Solidariedade!

O pasado 9 de maio, as instalacións de atletismo da Universidade de Ourense foron testemuñas dun evento especial e cheo de entusiasmo: a segunda edición da Carreira Solidaria do Sueiro. Esta actividade, que o ano pasado recibiu unha cálida acollida, volveu este ano con aínda máis forza e propósito.

Nesta ocasión, a carreira non só foi un momento para promover a actividade física e o traballo en equipo, senón tamén para apoiar causas solidarias de importancia global. Xunto con Save the Children, este ano unímonos a UNICEF e o seu programa "Cada Pinga Conta", que busca concienciar sobre os dereitos fundamentais da infancia.

O evento contou cunha participación extraordinaria: todo o alumnado do centro sumouse con entusiasmo, xunto con moitos familiares que se uniron para mostrar o seu apoio. Foi un momento emocionante ver a nenos, nenas, pais e nais correndo xuntos por unha causa significativa.

Durante a carreira, respirábase un ambiente de alegría e solidariedade. Os participantes non só gozaron do deporte, senón que tamén compartiron valores de empatía e compromiso social. Cada paso dado representou un acto de xenerosidade e conciencia cara aos dereitos da infancia en todo o mundo.

Desde o Colexio, queremos agradecer a todas as persoas participantes, colaboradores/as e patrocinadores/as que fixeron posible este evento. Grazas ao seu apoio e compromiso, estamos contribuíndo activamente a crear un mundo máis xusto e equitativo para todos os nenos e nenas.

Esperamos con entusiasmo volver a organizar máis actividades solidarias que fortalezan os nosos lazos como comunidade e nos inspiren a seguir traballando por un mundo mellor!


VÍDEOS DAS DIFERENTES CARREIRAS


OBRADOIRO. PRIMEIROS AUXILIOS.

primeiroa

O venres 3 de maio o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou o obradoiro de primeiros auxilios impartido por Mª de la Nieves González Rodríguez.

Esta actividade constou dunha parte teórica e outra práctica, na que todo o alumnado participou activamente na simulación de diferentes situacións de risco traballando os seguintes temas: primeiros auxilios nun accidente; actuacións no caso dun accidente; técnicas de RCP...

Seguimos realizando estes obradoiros con certa frecuencia para reforzar as aprendizaxes recibidas e afianzar a nosa actuación en caso de ser preciso nunha situación de risco real.

primeiros_fotos

MIRA QUE BOCA

 boca

O venres 19 de abril de 2024 o alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria realizou o obradoiro Mira que boca no que aprendemos os hábitos de saúde e alimentación axeitados como son o comer verduras, carne, peixe e reducir o consumo de lambetadas e bebidas con azucre.
Os técnicos de SERGAS do Centro de Saúde Valle Inclán ensináronnos como debemos limpar os nosos dentes e a nosa lingua; traballo que realizou Asunción Pérez.


Cando queirades podedes regresar porque o pasamos xenial...

boca_colage

XOGOS POPULARES

xogospopulares

O xoves 4 de abril de 2023, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participou nun obradoiro de xogos populares que desenvolveu “Lito”, da fundación Xaquín Lorenzo, no noso centro dende ás 12:00 ata ás 14:00 horas. Os xogos que realizaron o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria  foron xogos de chave e a rá así como xogos de mesa.

Coma sempre, pasámolo xenial!! Xa estamos agardando a que regrese para unha nova sesión de xogos.

xogospopulares_fotos

PLAN VIXIA. CONSUMO DE DROGAS.

plan_vixia

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou o martes 19 de marzo a terceira das sesións do Plan Vixía organizado pola concellería de Sanidade de Ourense sendo unha iniciativa que promove a prevención e a promoción da saúde entre a mocidade. 

A terceira das sesións centráronse no consumo de sustancias relacionadas coas drogas, tanto legais como ilegais e a problemática para a saúde sobre todo na dependencia das mesmas.

plan_vixia

Xogamos co Acrosport

acrosport

De novo, e seguindo as programacións didácticas de cada curso, dende a área de educación física nos niveis de 3º e 4º de educación primaria, comezamos a práctica de ACROSPORT.

A ximnasia acrobática tamén coñecida como acrosport trátase dunha modalidade deportiva incluída na Federación Internacional de Deportes Acrobáticos (fundada en 1999) e forma parte da Federación Internacional de Ximnasia dende 1999.

O exercicio debe conter elementos acrobáticos e ximnásticos de flexibilidade, equilibrio, saltos e xiros, así coma movementos en cooperación entre os compoñentes do grupo realizando figuras e pirámides corporais. En todo momento debe existir armonía e coordinación nas accións realizadas polo grupo. Todos estes elementos son idóneos para ser traballados dende a área de educación física.

O alumnado espera impaciente todos os anos por esta actividade e disfrútano moito.

Ademais os resultados son moi vistosos como poderedes observar nas seguintes imaxes.

acrosport_fotos

EDUCACIÓN DEPORTIVA PARA Á VIDA

educacion_vida

O mércores 28 de febreiro o alumnado de 5º e 6 de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou o obradoiro Educación deportiva para á vida levada a cabo pola asociación sen ánimo de lucro Suelta los Frenos  que conseguiu achegar ao noso alumnado a psicoloxía (Ángel) e ao ámbito deportivo (Guillermo), tanto profesional como amateur.

Este obradoiro comprométese co fomento da saúde integral e emprega a actividade física e o deporte como medio para o conseguir obxectivos que persegue o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro cos nosos alumnos e as nosas alumnas, centrados na visión Integral do ser humano no que os aspectos físicos, emocionais, mentais e de comportamento se relacionan e inflúen continuamente, nos que o deporte e a actividade física son unha ferramenta de aprendizaxe para a vida e o crecemento persoal.

O obradoiro Educación deportiva para á vida centrouse na realización de dúas sesións. A primeira sesión, impartida por Guillermo, centradas en actividades de carácter físico nos que o traballo en equipo era un dos elementos centrais. A segunda das sesión levouna a cabo Ángel, psicólogo, que incluíu dinámicas relacionadas coa identificación de fortalezas persoais e o seu recoñecemento a nivel persoal. Intereses e gustos relacionados co estas fortalezas.

A actividade nos fixo pensar na importancia do traballo en equipo e na realización de actividades deportivas. 

 

educacion_vida

CLUB HÓCKEY CIDADE DE OURENSE

 

cidade_ourense

A escola do Club de Hóckey Cidade de Ourense segue coa súa preparación no CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro todos os martes e xoves en horario de 16:00 a 17:30 horas.

Dende a 16 anos o Club de Hóckey Cidade de Ourense segue a formar ao alumando do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro con entusiasmo contaxioso, o adestrador Imam Rahmat Muhammad Yaseen comparte a súa paixón por este deporte dinámico e desafiante, ofrecendo o seu bo facer sobre as regras, técnicas e valores que caracterizan ao hóckey.

Agradecemos ao Club de Hóckey Cidade de Ourense o traballo que realiza co alumnado do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro e esperamos seguir colaborando en vindeiros anos para fomentar o deporte e o benestar entre o noso alumnado. 

 

foytos_cidade

 

Distribuir contido


by Dr. Radut