Skip to Content

2014/15

Actividades realizadas no curso 2014/15

Finalistas no concurso "Ciencia que conta"

A alumna do noso centro, Camino Alonso Fuente, foi finalista no concurso "Ciencia que conta" co seu traballo titulado "Néfele, a raiña das nubes" conto realizado como actividade de investigación creativa e orixinal, no proxecto de Meteoescolas. Se premedes no título podedes ler o conto orixinal, así como os do resto dos compañeiros.

Na sesión de información que realizaron os alumnos de 6º curso, sobre o programa que están a desenvolver en Meteoescolas, a finalista, fíxonos unha lectura da súa obra.

 

Moitos parabéns!!!

Presentación do programa Meteoescolas

O alumnado de 6º curso distribuíuse en dous grupos para realizar unhas sesións informativas, dirixidas a todo o alumnado do centro, e dar a coñecer o traballo que están a desenvolver no proxecto de Meteoescolas en colaboración con outros centros de Galicia. Un grupo traballou co alumnado de Ed. Infantil e Primeiro Ciclo de Ed. Primaria e o outro co resto do alumnado do centro.

A primeira sesión formativa foi dirixida aos máis cativos do centro. Os encargados deste traballo empregaron como medio de exposición a representación dunha obra teatral que tivo como fío condutor o libro de "Bos días árbore! As estacións", publicada por edicións Sálvora. Os espectadores gozaron enormemente coa fabulosa interpretación dos artistas de 6º curso e coas súas recitaxes dos diferentes poemas relacionados coa meteoroloxía.

A segunda sesión informativa tivo un carácter moito máis académico. Informouse ao alumnado do centro do proceso que se está a seguir para a recollida de datos meteorolóxicos e de como interpretar un mapa do tempo dos que aparecen na web de Meteogalicia. A exposición de contidos tamén estivo acompañada coa lectura de varios poemas relacionados con diferentes meteoros.

Como remate destas dúas sesións informouse en que ían consistir as dúas actividades/concurso destinadas a toda a comunidade educativa:

  • Recollida de imaxes de diferentes fenómenos meteorolóxicos: nevadas, xeadas, treboadas...
  • Recollida de imaxes de nubes. Nel exporemos as mellores instantáneas que nos acheguedes das formas das nubes.

 

Vídeo da clase informativa:

Inauguración da estación meteorolóxica

O día 1 de decembro foi a inauguración oficial da nosa estación meteorolóxica. Ese día, todo o alumnado implicado na recollida de datos baixou ata as instalacións da estación para ver en situ o procedemento a seguir para recoller os datos meteorolóxicos nas fichas de rexistro elaboradas para tal actividade.

O alumnado de 6º curso, en grupos de 2 alumnos/as, será o encargado de recoller diariamente os datos, para o cal os mestres responsables do programa estableceron as oportunas quendas.

De momento, a estación conta cun termómetro de máximas e mínimas e un pluviómetro.

Obradoiro de formación no proxecto de Meteoescolas

Na última semana do mes de novembro puxemos en funcionamento a web de meteoroloxía do noso centro para recoller todas aquelas novas relacionadas co proxecto Meteoescolas.

Todo o alumnado e profesorado implicado participou activamente na biblioteca do cole nun obradoiro de formación para ser quen de rexistrar e introducir os datos meteorolóxicos observados na web.

Neste obradoiro traballamos cos datos meteorolóxicos reflectidos en Meteogalicia dos meses de setembro, outubro e novembro de 2014.

Asemade, tamén realizamos prácticas de medida co pluviómetro e o termómetro de máximas e mínimas, que de momentos son os aparellos de que dispomos na nosa estación.


 

Estación meteorolóxica de Leo

A finais de novembro, e grazas a colaboración de varios membros da comunidade educativa do cole, foi instalada a nova estación meteorolóxica do CEIP Manuel Sueiro.

Dita estación está situada na zona norte do colexio nunha parte despexada do recinto para recoller coa mallor precisión posible os datos meteorolóxicos do noso barrio.

Os rexistros que cada día indiquen os aparellos da estación, serán reflectidos na nosa web e na web oficial que Meteogalicia pon a disposición dos centros que participan no programa de Meteoescolas.

De momento, a estación conta cun termómetro de máximas e mínimas e un pluviómetro.

XXXI Concurso da Constitución

O alumno Mario Aller de 6º de Ed. Infantil, do noso centro, resultou premiado na XXXI edición do concurso sobre a Constitución grazas ao seu excelente traballo de composición plástica.

Moitos parabéns!!

Asemade, tamén felicitamos ao resto do alumnado do centro que participou no concurso en base a excelente calidade dos traballos presentados.

Se premedes na imaxe podedes ver algúns dos traballos...

Autor: Mario Aller

 O 6 de decembro tivo lugar a entrega dos premios aos mellores traballos no Auditorio Municipal.

Imaxe dos participantes do Faro de Vigo

Proba Toño

Estamos na biblioteca do cole traballando moitísimo nas webs dinámicas.Estamos na biblioteca do cole traballando moitísimo nas webs dinámicas.Estamos na biblioteca do cole traballando moitísimo nas webs dinámicas.

Estamos traballando moitísimo nas webs dinámicas.Estamos na biblioteca do cole traballando moitísimo nas webs dinámicas.Estamos na biblioteca do cole traballando moitísimo nas webs dinámicas.Estamos na biblioteca do cole traballando moitísimo nas webs dinámicas.Estamos na biblioteca do cole traballando moitísimo nas webs dinámicas.Estamos na biblioteca do cole traballando moitísimo nas webs dinámicas.Estamos na biblioteca do cole traballando moitísimo nas webs dinámicas.Estamos na biblioteca do cole traballando moitísimo nas webs dinámicas.Estamos na biblioteca do cole traballando moitísimo nas webs dinámicas.Estamos na biblioteca do cole traballando moitísimo nas webs dinámicas.Estamos na biblioteca do cole traballando moitísimo nas webs dinámicas.

 

 

Seminario de formación: "TICs, currículo e biblioteca: Webs dinámicas".

No curso 2014/2015, o profesorado do centro, participou nun Seminario de formación baixo o título de:

"TICs, currículo e biblioteca: Webs dinámicas"

Para acceder a todo o traballo desenvolvido no mesmo hai que entrar no aula virtual do colexio. Pódese acceder como convidado.

Preme na imaxe para entrar no curso PFAC no aula virtual

Concurso "Ciencia que conta"

No mes de novembro o alumnado de 6º curso participou no concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia "Ciencia Que Conta". En xeral, tratábase de relatar poñendo en valor a importancia da I+D+i no desenvolvemento económico e benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.

Neste libro recopilamos os traballos presentados polo alumado de sexto curso do noso centro, esperamos que sexan do voso agrado.

Magosto 2014

O luns, 10 de novembro, celebramos a festa do magosto no colexio coa realización de múltiple actividades, entre as que destacamos as seguintes:

  • Exposición de castañas. O EDL do centro foi o encargado de organizar esta actividade na que participou a maioría do alumnado coa axuda das súas familias. A actividade consistiu en decorar, disfrazar,.. unha ou varias castañas deixando voar a imaxinación e creatividade. O resultado obtido témolo que valorar de excelente xa que a calidade dos traballos presentados foi moi alta. Moitos parabéns para todos os participantes!

  • Xantar do magosto. Como non podía ser doutro xeito, o xantar do magosto tivo como protagonistas aos chourizos e ás castañas asadas. Os primeiros apareceron agochados dentro do miolo dun bolo de pan, tamén coñecidos como bolos preñados; das castañas encargouse o mestre de 2º curso, Alfonso, que lle deu un toque especial para que estivesen no seu punto. A directora foi a encargada de repartirnos o postre, consistente nunha degustación de diferentes tipos de bicas. É de agradecer a colaboración prestada pola ANPA do colexio, así como da empresa de catering, na elaboración do menú e na compra das bebidas.

 

  • Obradoiro de xogos populares. O profe de Ed. Física encargouse de organizar unha serie de xogos populares cos que tanto o alumnado como o profesorado o pasou xenial. De paso queimamos o exceso de calorías consumidas anteriormente.

Viva o magosto!!

Distribuir contido


by Dr. Radut