Skip to Content

Samaín & halloween

Celebración do Samaín 2019

O 30 de outubro celebramos a Festa do Samaín no noso colexio. A maioría do alumnado e profesorado acudiu disfrazado ao centro.

O equipo de biblioteca decorou a biblioteca para que esta puxese en contacto o mundo dos vivos e dos mortos tal como nos di a lenda do Samaín. Por ela desfilaron todas aquelas persoas que o desexaron, algunhas pasárono tan ben que se animaron a repetir esta experiencia.

O alumnado de sexto de Ed. Primaria foi o encargado de darlle ambiente a este espazo de de conexión co máis alá que ten lugar na noite de Samaín.

Previamente, toda a comunidade educativa participou nun flash movie, coa interpretación da canción Monster Mash, para unir as festas do Samaín e do Halloween.

 

Exposición de cabazas 2019

Coma xa ben sendo tradición, nos últimos cursos, volvemos a realizar unha exposición de calacús para celebrar a Festa do Samaín.

A maioría do alumnado trouxo os traballos que realizaron na súa casa coa axuda da súa familia para expolo nos corredores da entrada do colexio.

Parabéns para todos e todas as participantes pola calidade dos seus traballos.

Traballos destacados polo alumnado
 
       

Festa do Samaín 2018

O 31 de outubro, para celebrar o día do Samaín, disfrazámonos con modelos terroríficos tratando de espantar a Jack o da lanterna e a todo aquel que se acercase ao cole.

Durante o tempo destinado ao recreo, disfrutamos dunha merenda con exquisitas viandas, elaboradas polo persoal do centro, as que daba medo comer.

Para rematar, todas as persoas que quixeron, fixeron unha incursión no túnel do medo situado na biblioteca, onde o alumnado de sexto se transformou en persoeiros do máis alá para aterrorizar a todo aquel que tivo a valentía adentrarse no túnel que nos levaba ao mundo das ánimas.

Pasáaamolo terrorificamente ben!!!


Exposición calacús 2018

Un ano máis, o alumnado do CEIP Manuel Sueiro, coa axuda das súas familias, realizou unha exposición de calacús, na entrada do colexio, coa presentación de fantásticas calabazas decoradas terrorificamente para a ocasión.

 

HALLOWEEN by YAYOI KUSAMA

A artista xaponesa agasállanos coa súa pumpkin no tempo de Halloween. Os black polka dots desaparecen como por arte de maxia ao mesmo tempo que as cariñas dos Kusama kids aparecen no seu lugar. Cousa de meigas!!!

A obra orixinal podedes atopala na isla de Naoshima, coñecida como art island. Boa viaxe ata terras xaponesas!

Disfruta da arte de Yayoi Kusama en calquera época do curso, porque …

HERE AND THERE, POLKA DOTS EVERY!

Exposición de calacús

Ao longo das semana do Samaín o EDL do centro, en colaboración co equipo de biblioteca, organizou unha unha exposición de cabazas que elaboraron os nenos e nenas do colexio, coa axuda das súas familias.

Os traballos presentados amosaron unha calidade espectacular. Cada ano melloraramos en cantidade e calidade.

Parabéns para todos os participantes!!

PREMIADOS

Exposición de calacús 2016

O xoves 27 de outubro celebramos no centro a festa do Samaín, coa entrega de diplomas a todos os participantes na exposición de calacús que tivo lugar, nos corredores do colexio, ao longo de toda a semana.

Hai que destacar o espectacular nivel dos traballos presentados e a elevada porcentaxe de participación da comunidade educativa nesta tradicional festa do noso centro.

Na galería de imaxes podedes observar as verdadeiras obras de arte que nos achegastes...

...moitos parabéns a todas e todos!!

Imaxe con realidade aumentada (Pasos a seguir)   

Samaín & Halloween 2015

Ao longo da semana do 31 de outubro realizamos no centro unha exposición de calacús na que participou gran parte do alumnado, moitos deles axudados polas súas familias.

É de destacar a calidade dos traballos presentados nesta actividade de marcado carácter familiar que cada día ten máis seguidores na nosa comunidade, recuperando, deste xeito, actividades e costumes dos nosos antepasados.

GALERÍA DE IMAXES

Samaín & Halloween 2014

O xoves, 30 de outubro, celebramos o Samaín e o Halloween no noso centro coa realización das seguintes actividades que foron organizadas polo Equipo de bibioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística:

  • Exposición de cabazas. Durante a semana do Samaín, o alumnado expuxo os seus traballos de escultura sobre as cabazas na entrada do centro para que foran contempladas por toda a comunidade educativa. Podedes observar a espectacular calidade dos traballos na seguinte galería de imaxes.

  • Exposición dunha selección de libros con lecturas de medo idóneas para ler nestas datas en compañía das nosas familias.
  • Ambientación das aulas e os corredores con alusións á festa do Samaín & Halloween.


  • A malvada bruxa Catuxa representou tres contacontos na "Cova da Catuxa" para todo o alumnado do centro que se animou a entrar nela. AS lecturas feitas pola Catuxa foron as seguintes: Precísase pantasma de Conan Doyle, Room on the Broom Julia Donaldson e A bruxa Brunilda de Valerie Thomas.

A bruxa Brunilda

 La bruja Brunilda

 

Relatos de fantasmas

ASÍ CELEBRAMOS A FESTA DE HALLOWEEN

Distribuir contido


by Dr. Radut