Skip to Content

Entroido

Xoves de Comadres

Tan só unha semana despois da celebración do Xoves de Compadres, as mulleres preparáronse para tomar o mando do entroido no CEIPP Manuel Sueiro, todo isto no medio dun gran ambiente festivo no que participou todo o alumnado e persoal do centro.

A celebración serviunos como ensaio para a preparación do desfile que terá lugar o venres de Entroido polas rúas do centro de Ourense.


Xoves de Compadres 2022

O Xoves de Compadres tocaba vir disfrazado de home ao cole. A maioría así o fixo, destacando a orixinalidade e creatividade da posta en escena do rol masculino que demandaba a ocasión.

Toda a comunidade participou no desfile de compadres que realizamos arredor do patio do colexio.

Unha vez rematado o desfile, o alumnado de sexto recitou as coplas elaboradas para conmemorar este día.

Posteriormente queimamos un dos mecos, como manda a tradición, para dar comezo á celebración oficial do Entroido 2022 no CEIPP Manuel Sueiro.

 

Mandas do meco 2022

Os mecos mandan...

...non nos esquecemos de visitalo para poder cumprir as mandas.

 

Luns Martes Mércores Xoves Venres

Xoves de compadres

Mandas do Entroido 2021

 

A super heroína do noso cole é a encargada de impoñer as mandas do Entroido deste ano...

...non nos esquecemos de visitala para poder cumprilas.

Luns Martes Mércores Xoves Venres

GALERÍA DE IMAXES

Obradoiro de máscaras de Entroido

O día 20 de xaneiro realizamos no cole un obradoiro de creación de máscaras do Entroido, coa colaboración da Concellería de educación de Ourense, como alternativa ao tradicional obradoiro de creación de comadres e compadres que este ano non se celebrará por mor do Covid.

A actividade tivo unha duración de 90 minutos, dividido en dúas partes: unha teórica e outra práctica. Por unha banda, visualizamos un mapa da provincia de Ourense, identificando as vilas que celebran esta festa dunha maneira máis relevante, acompañado dunha explicación dos seus traxes e costumes. Posteriormente, pasamos a decorar catro máscaras de cartolina típicas do Entroido ourensán:  Boteiro de Viana do Bolo,  Cigarrón de Verín,  Peliqueiro de Laza e Pantalla de Xinzo de Limia.

O obxectivo principal desta actividade foi o de contribuír á conservación das nosas tradicións dunha maneira lúdica e pedagóxica traballando distintas áreas de coñecemento como son a plástica e a pintura, a lingua galega e as ciencias sociais.

Desfile Entroido 2020

O venres de Entroido realizamos  desfile de disfraces no polideportivo do noso centro ante unha gran afluencia de familiares do noso alumnado.

Este ano participamos con catro comparsas relacionadas co PDI que cada unha delas está a desenvolver nas súas aulas:

  • O alumnado de educación infantil representou o conto de “Rosa caramelo” que fomenta a coeducación nos nenos e nenas tratando de desenvolver un pensamento crítico que lles permita analizar os estereotipos sexistas.
  • O alumnado de 2º e 3º de educación primaria puxeron a parte doce do desfile disfrazados de caramelos.
  • En 3º e 4º de educación primaria fixeron unha parodia dos oficios que se dan no ámbito sanitario e dos estereotipos sexistas creados no noso entorno ante ditos traballos.
  • En 5º e 6º representaron o descubrimento dun asteroide e a súa colonización despois de viaxar ata el, pola nosa galaxia, no Apolo Sueiro.

Na galería de imaxes podedes revisar o resultado do gran traballo desenvolvido nas aulas polo alumnado en colaboración seu profesorado.

Xoves de Comadres

O Xoves de Comadres o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Ed, Primaria participou na celebración desta festa coas manualidades realizadas no obradoiro de Entroido que realizamos na semana anterior na bibloteca do cole coa colaboración de varios monitores da concellería de educación de Ourense.

Segundo manda a tradición, os nenos escapan coa súa comadre e as nenas tratan de arrebatarllas e destruirllas.

Ao final da carreira só un par de nenos foron quen de defender a súa comadre.

Comida do Entroido

O xoves de comadres realizamos a tradicional merenda de Entroido a base das viandas que trouxo o alumnado e profesorado para degustar no centro.

Non faltaron as orellas de Entroido, as flores, as filloas, as chulas, tortas de todo tipo,... que con tanto mimo realizaron as nosas familias nas súas casas.

Como a aportación foi excesiva, puidemos disfrutar do sobrante o venres de Entroido.

Mandas da meca 2020

Este curso temos unha meca no Manuel Sueiro encargada de elaborar as mandas que se publicaran puntalmente todos os días da semana...

...non nos esquecemos de visitalos para poder cumprilas.

       
Luns Martes Mércores Xoves Venres

GALERÍA DE IMAXES

Xoves compadres 2020

O xoves de compadres o alummnado de 1º, º, 3º e 4º de educación primaria participaron na celebración do xoves de compadres que se realizou na Praza Maior de Ourense.

Nesta ocasión foron as nenas as que trataron de pór a salvo as os seus compadres, mentres que os nenos persegíronas para destruirllos sen piedade.

 

Na galería de imaxes podedes observar o alboroto que montamos na praza do concello.


A celebración nos medios de comunicación


Distribuir contido


by Dr. Radut