Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Admisión Alumnado 2024/2025

Proceso de Admisión alumnado 2024/25

 

Normativa reguladora

Información xeral

1º. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.

Así mesmo, a admisión e a matriculación nun centro docente público ou privado concertado implicarán respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro privado concertado, se o tivese.

 

Prazo de presentación

O prazo de presentación de solicitudes de admisión (ED550B) comprende entre o día 1 e o 20 de marzo (ambos incluídos).

  

Onde se pode conseguir á solicitude.

Os formularios de admisión normalizados de solicitude (ED550B anexo II) e de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora (ED550 anexo II-bis) estarán accesibles:

a)  Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

b)  No portal educativo no enderezo  https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051

c)  Nas dependencias dos centros docentes.

Lugar de presentación.

As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

 

** Na conserxería do centro estarán disponibles os impresos para as persoas que o desexen

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Para a presentación presencial na secretaría do centro, poderá realizarse no horario habitual da mesma que é o seguinte:

De luns a venres: de 9 a 13:30 horas

Luns lectivos pola tarde: de 16 a 18 horas

 

Que documentación debo presentar

Xunto co formulario de solicitude ED550B (anexo II), deberá presentarse:

a) Anexo II-bis (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e de consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora).

b) Documento acreditativo da representación (DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente).

c)  Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar (deberán traer o libro para o seu cotexo)

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais copia da sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Máis información

Coñece o noso centro

Tour virtual

VACANTES DO CENTRO (a 29 de febreiro de 2024)

Curso Prazas Vacantes que oferta o centro
4º Ed. Infantil 60 51+ 9 alumnado de nee
5º Ed. Infantil 75 2
6º Ed. Infantil 75 0
1º EP 75 0
2º EP 75 0
3º EP 75 0
4º EP 75 0
5º EP 75 0
6º EP 75 0

 

Toda a información actualizada relativa ao proceso de admisión e reserva, así como os enlaces á normativa reguladora e aos formularios de solicitude, estará dispoñible nesta páxina web e no tablón de anuncios do centro.

 .-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-


Dende o 15 de xaneiro actívase o procedemento de admisión de alumnado para colexios e institutos públicos e concertados. Nunha primeira fase corresponde facer a reserva de praza para os centros adscritos. No noso caso todo o alumnado de 6º de Educación Primaria interesado en continuar estudos de secundaria no IES Agra do Orzán (instituto ao que estamos adscritos) terá garantizada a praza sempre que realice o trámite de reserva de praza antes do 5 de febreiro, e o número de solicitudes non supere ás prazas ofertadas.
As familias poderán entregar a súa solicitude de reserva de praza no noso centro ás titoras ou na secretaria (o colexio enviará a documentación ao instituto o día 5 de febreiro)
No caso de solicitude de prazas para 4º de Educación Infantil (3 anos) ou para calquera outro curso, ou cambio de centro, o prazo será do 1 ao 20 de marzo. Para esta parte do proceso de admisión, publicaremos as vacantes, información e instruccións detalladas na segunda quincena de febreiro.



page | by Dr. Radut