Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Terceiro Ciclo

Enquisa de convivencia 2023

No seguinte enlace, coa clave que che facilitamos no centro, terás acceso á recollida de datos sobre convivencia escolar. A clave só serve para evitar que xente allea ao centro entre na aplicación, pero non serve para identificarte.
O cuestionario é anónimo e non saberemos quen responde. A túa opinión é moi importante e valiosa para mellorar a convivencia escolar polo que che solicitamos que prestes atención e respondas con responsabilidade.
Esta clave servirá tan só unha vez polo que debes poñer coidado.

Ante calquera dúbida podes pedirlle axuda ao profesorado que está contigo.
Moitas grazas pola túa participación.

 

https://enquisas.edu.xunta.gal/index.php/654492?lang=gl

Enquisa Escola Inclusiva (Alumnado)

PROA+

Enquisa para o alumnado sobre a Escola Inclusiva

No seguinte enlace:

https://forms.gle/8VeN6Kac7JMHH3H96

 

A enquisa estructúrase coas seguintes dimensións e preguntas:
DIMENSIÓN A: CREACIÓN DE CULTURAS INCLUSIVAS
A1. CONSTRUÍNDO COMUNIDADE
1. Todas as persoas son acollidas no centro
2.  Os profesores e profesoras colaboran mutuamente.
3.  Os estudantes axúdanse uns a outros.
4.  O profesorado e o alumnado trátanse con respecto.
5.  As familias colaboran e senten que están implicadas no centro.
6. O profesorado e os membros do consello escolar traballan ben xuntos
7.  O profesorado non favorece a un grupo de estudantes por encima doutros.

DIMENSIÓN A: CREANDO CULTURAS INCLUSIVAS
A2. ESTABLECEMENTO DE VALORES INCLUSIVOS
1. O centro escolar desenvolve valores inclusivos compartidos.
2.  O profesorado pensa que todo o alumnado é igual de importante.
3. O centro escolar contribúe á saúde do alumnado e dos adultos.
4. O centro escolar contribúe a que toda a comunidade educativa teña coñecementos para o manexo de aparellos informáticos.

DIMENSIÓN B: ESTABLECENDO POLÍTICAS INCLUSIVAS
B1: DESENVOLVENDO UN CENTRO ESCOLAR PARA TODOS
1. Cando o alumnado entra por primeira vez o centro axúdao na súa adaptación.
2. O profesorado mostra un mesmo interese por todos os grupos e estes configúranse de xeito heteroxéneo.
3.  O centro fai  que os seus edificios sexan fisicamente accesibles para todas as persoas.
4. O centro escolar escolar favorece que todo o alumnado dispoña de dispositivos informáticos axeitados e de conectividade.

DIMENSIÓN B: ESTABLECENDO POLÍTICAS INCLUSIVAS
B2: ORGANIZANDO O APOIO A DIVERSIDADE
1. Reducíronse os problemas de convivencia e as expulsións por indisciplina.
2. Reducíronse as causas e ausencias a clase.
3. Reduciuse o acoso escolar
4. Os dispositivos e aplicacións que se utilizan son accesibles (cognitivamente e universalmente) con máis características de todos ou alumnos.

DIMENSIÓN C: DESENVOLVENDO POLÍTICAS INCLUSIVAS
C2: ORQUESTRANDO A APRENDIZAXE
1. Todas as actividades do centro están adaptadas a todos os alumnos.
2. O centro implica activamente o alumnado na súa propia aprendizaxe.
3. O alumnado aprende de maneira colaborativa.
4. Ensínaselle ao alumnado a valorar por igual a todas as persoas, independentemente do xénero, orixe, cultura ou características individuais.
5. Todo o alumnado pode participar nas actividades que se realizan en horario lectivo.
6. Foméntase o uso das tecnoloxías da comunicación para actividades sociais e educativas.

QUEREMOS SABER MÁIS
Gustaríanos coñecer as actividades que vos gustan do centro
Escribe as 3 cousas que máis che gustan do centro:
Algunha outra suxestión?

 

Distribuir contido


by Dr. Radut