Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Día da Terra

Hoxe 22 de abril, celébrase o Día da Terra 2013 en todo o mundo. Neste día trátase de acercar as consecuencias do cambio climático, para lembrar que non é algo moi lonxano senón que é algo que xa afecta a persoas e hábitats concretos do globo. Celébrase dende 1970, cando o senador de EEUU Gaylor Nelson decretou a celebración deste día co obxectivo de crear conciencia común polos distintos problemas que naquel tempo xa tiña o noso planeta. Hoxe os problemas non se solucionaron e outros teñen mais vixencia que naqueles anos, como a contaminación e a superpoboación do planeta.

Neste día tratamos de concienciarnos do coidado do entorno máis próximo, para coidar a biodiversidade que disfrutamos cada día.

FONDO ACCIÓN SOCIAL ATENCIÓN PERSOAS DISCAPACITADAS.

Informámosvos da publicación no DOG dos criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2012 relativos á axuda par atención de persoas discapacitadas. 

CONVOCATORIA AXUDAS PARA PARTICIPAR NUN PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA PARA O VERÁN DO 2013.

Infórmase á comunidade educativa do noso colexio da convocatoria de axudas para a participación en colonias co propósito de ampliar o coñecemento dun idioma distinto do propio.

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR 2013/4

Comunícase ás familias que hoxe día 9 de abril sae publicada as bases correspondentes as axudas de comedor para o vindeiro curso 2013/4. Para acceder á información fagan clic aquí.

Páxina do Concello con información detallada. Clic aquí.

Admisión de novo alumnado para o curso 2013-14

vou ao cole

O pasado día 15 de marzo publicouse no DOG, a nova Orde que regulará o proceso de admisión de alumnado nos colexios públicos e concertados. Comunicamos ás familias interesadas en matricular aos seus fillos/as neste Colexio que entre o 5 e o 17 de abril poderán entregar a solicitude de praza debidamente cumprimentada, na secretaría do Centro. Lembramos a todas as familias, con alumnado matriculado no Colexio, que teñen garantida a praza escolar, sempre que non soliciten praza noutro centro no que resultaran admitidos.

O horario da secretaría é de luns a venres de 9 a 13:30 horas e os luns de 16 a 18 horas.

Documentos de interese para este proceso de admisión:

- O dato do IPREM: 6390,13 euros

- Web da Consellería de Educación (Escolarización).

- Circular do centro sobre o proceso de admisión.

- Instruccións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

- Instruccións da Xefatura territorial de A Coruña.

- Anexo II (solicitude de admisión centros de E. Infantil e Primaria)

- Anexo III (formulario de matrícula)

- Plano de zonas dos Centros Públicos de A Coruña

- Resolución do sorteo público das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión.

- O centro asignará 1 punto a todas as solicitudes que poñan en primeiro lugar un centro público

- Xornada de portas abertas no centro para os pais/nais dos alumnos novos será o luns 8 de abril de 2013 ás 17 horas.

Proxecto Educativo do centro

Xornada de portas abertas 2013

 

As familias interesadas en coñecer as nosas instalacións poden visitar o Centro o luns 8 de abril as 17 h.

Para descargar documento relativo a esta xornada, premer aqui.

Celebración do entroido 2013

Desfile dos alumnos do 3º ciclo de educación primaria

Celebración do entroido 2013

Desfile dos alumnos do 2º ciclo de Educación Primaria

Celebración do entroido 2013

Desfile alumnos do 1º Ciclo de Educación Primaria


Celebración do entroido 2013

       Desfile dos alumnos de Educación Infantil

Distribuir contido


by Dr. Radut