Skip to Content

blogue depedro

Aula de Informática

 

Dende hai anos a nosa escola está permanentemente en proceso de mellora da súa dotación, hoxe por hoxe cada aula, dende Infantil a Primaria, ten dous ordenadores como recurso de aprendizaxe na mesma aula e coa súa conexión a un servidor central que almacena todos os recursos e programas. Ademais o traballo feito en recursos TIC levou a dotar a aula de informática con 19 ordenadores en rede, a biblioteca conta con catro estacións de consulta, na sala de mestres, nos departamentos de Orientación, AL e PT, aula de música, etc. En total contamos cunha dotación de 60 equipos conectados en rede interna ampliada a partir da orixinal, grazas ao traballo de mestres e mestras que colaboraron no proxecto.

Neste curso estamos a desenrolar os portátiles con sistema operativo linux, repartidos entre as titorías e a aula de informática ao servizo de mestres e alumnos. 

Estes dous derradeiros anos lévase a termo un grupo de traballo, de formación en centro para desenrolar actividades adaptadas, en diferentes soportes para acadar os obxectivos, o noso principal reto é o aprendizaxe e por el e para el levamos a diante todo tipo de proxectos e actividades: paquetes clic clasificados e secuenciados por áreas e ciclos e niveis, actividades de soporte para o aprendizaxe de linguas, lectoescritura, adaptamos programas para facilitarlles o traballo.

Coa dotación das aulas Abalar no 3º ciclo, cada alumno/a ten un portátil con linux para o seu servizo, ademais do titor/a e do encerado dixital interactivo.

 

O centro

Nun futuro, para o noso centro pretendemos unha serie de melloras en diferentes ámbitos:

- Estruturais, coa execución de obras e reformas que despois de 30 anos, deben acometerse para a mellora e actualización da súa infraestrutura. Para elo, temos solicitado un cambio nas ventás e persianas, radiadores e calefacción, a construción de unha valla exterior nova, a dotación de un ximnasio, de aulas polivalentes para as actividades do Concello, etc.

- Educativas, coa implantación de unha xornada única, que sumada ao plan madruga e actividades extraescolares do Concello de Meaño, compoñemos unha oferta educativa e cultural plena que farán que os alumnos e alumnas dispoñan de un recurso máis amplo de servizos.

Desexamos que o noso colexio sexa un motor na vida cultural e social do noso pobo.

Grazas a todos e todas pola colaboración prestada.

Saúdos

 

E.D.Língua Galega (a nosa)

Dende a celebración das festas tradicionais e a recuperación do noso patrimonio popular e cultural, a nosa escola fai un esforzo día a día e ano a ano para que sexan máis feitos os que fagan todo o posible para que sexamos educados nas nosas costumes.

Temos feito recuperación de lendas populares, cantigas dos nosos avós e avoas, receitas culinarias, contos creados por nos mesmos primeiro en formato papel e logo pasámolo no ordenador, contos individuais e colectivos para favorecer o traballo cooperativo.

Obradoiros

Obradoiros de cociña, para aprender a elaborar os alimentos e coñecer como é unha dieta equilibrada.

Obradoiros de escritura a biblioteca recoméndanos libros de lectura nos idiomas que traballamos: na nosa lingua o galego, e en castelán e inglés, pero tamén traballamos algo en francés e portugués. Este curso fixemos traballos dende a biblioteca sobre Portugal, Dinamarca, Níxer e Ásia, aprendendo vocabulario, costumes e receitas.

Aula de P.T.

Aulas de apoio: unha aula de P.T. con atención individualizada na que unha mestra nos axuda a mellorar algúns aspectos puntuais do aprendizaxe.

A.N.P.A. A Toxa


ANPA: A Toxa

 Presidente: Rafael Lores Padín

Vicepresidenta: Elena Rodiño Gomez

Secretario:  Mª Sandra Concepción Escudeiro

Tesoureira: Isolina Domínguez Soto

Vocais:

- Mónica Rodiño Gomez

- Bea Gago Pulleiro

- Mª del Carmen Viñas Castelo

- Mª José González Vázquez

Representante C. Escolar: Mónica Rodiño Gomez

A A.N.P.A. xurde dende os inicios da escola cuns obxectivos claros como facer posible un plan de actividades extra-escolares para dar cobertura a todos os alumnos da escola e colaborar na educación e no proceso de aprendizaxe de todos os nenos e nenas do colexio, que xunto coas actividades do Concello e as propostas pola escola garanten unha formación cultural e deportiva do máis completo.

Ten como fin facer chegar a pais e nais o espectro cultural e educativo da nosa vila, como por exemplo manter unha boa comunicación coa escola  e outras asociacións culturais, así como co Concello e os seus representantes.

Formalizou os estatutos e constituíuse definitivamente no curso 04-05 como organización, nela interveñen pais e nais da nosa escola, hoxe por hoxe hai asociados o 90 % de pais e nais.

Entre o ventallo de actividades propostas cara as familias están: saídas culturais, excursións,  a visita por Nadal do Pai Noel.

De cara aos vindeiros anos desexamos colaborar no máximo posible coa educación dos rapaces e rapazas da nosa escola, e a axuda do profesorado da escola, pois son os nosos fillos e fillas o futuro do noso pobo.

Gazas a tod@s por colaborar.

 

 

 

Aula de plástica e manualidades

Neste espazo do centro elabóranse todos os traballos dende infantil ao último curso de primaria, traballos manuais, marquetería, murais, traballos de modelaxe con arxila, etc.

                              

English classroom

A intención da nosa escola é, nun futuro non moi lonxano, camiñar todos xuntos cara unha pluralidade lingüística no ensino. O galego como lingua materna, o castelán e o inglés. Sería moi positivo para a nosa formación como futuros membros desta sociedade, coñecer outros idiomas como o francés, idioma que imos introducindo puntualmente e que logo veremos no instituto. Dispoñemos de unha aula de idiomas con ordenadores, televisión, vídeo e dvd.

Témos un proxecto de anticipación de Inglés na Etapa de Infantil aprobado dende hai 12 anos consecutivos e neste curso concedéronnos o Proxecto de Bilingüísmo no 3º ciclo para facer a Pástica en Inglés.

Coido que ímos por bo camiño! 

Instalacións do centro


O centro está constituído neste momento por catro unidades de educación infantil e seis unidades de educación primaria.
As principais instalacións das que conta o centro son as seguintes:
- Grupos Flexibles e Apoios
- Pistas deportivas exteriores
- Pavillón de deportes
- Orientación Psicopedagóxica
Tamén dispón dos seguintes servizos:
- Coidadora- Enfermeira
- Plan Madruga
- Transporte escolar

O noso centro

cole

 

Situado no lugar de As Covas no Concello de Meaño,  na provincia de Pontevedra,  no Val do Salnés, no mesmo corazón das Rías Baixas, cunha vista que queda por sempre na impronta da memoria, cunha mistura de aromas dende o monte á brisa do mar.

Cunha paleta de cores que vai variando constantemente segundo as horas do día e a estación do ano.As familias adícanse ao agro, á pesca, á construción, aos servizos, etc. Cando os ingresos familiares proceden de actividades non relacionadas co campo, a agricultura e viticultura ocupa un papel de segunda actividade, na que se involucra toda a familia. 

Os alumnos e alumnas viven en xeral en vivendas unifamiliares rodeadas de campo e manteñen relación de boa vecindade con gran parte dos compañeiros e compañeiras do colexio. 

A nobreza de rapazas e rapaces destaca como algo innato neles.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut