Skip to Content

Comedor

A ANPA “A Toxa” xestiona e coordina o funcionamento do comedor escolar existente na nosa escola. “Arelas catering” é a empresa que presta o servizo no presente curso. Ofrece menús deseñados por especialistas en nutrición e adaptados ás necesidades dos nenos e nenas, que inclúen unha variedade de alimentos como verduras, froitas, carnes e peixes, entre outros.

O obxectivo principal do comedore escolar é garantir que os nenos e nenas que asisten á escola poidan acceder a unha alimentación saudable e equilibrada durante o día escolar.  Ademais de garantir unha alimentación saudable, o comedor escolar tamén ten outros obxectivos, como fomentar hábitos alimentarios saudables nos nenos e nenas, promover a socialización entre o alumnado e as súas familias e fomentar valores como a convivencia e a solidariedade.

 

Inscrición comedor



page | by Dr. Radut