Skip to Content

Plan Madruga

O programa é xestionado polo Concello de Meaño e busca ofrecer un servizo de acollida matutina para os nenos e nenas que necesitan quedar no colexio antes do inicio das clases .O custo económico deste programa debe consultarse cada curso nas dependencias do propio concello.

Establece un horario de atención matutina que comprende dende as 07:30 ata as 09:00,l xusto o momento no que se inicia na escola o tramo horario do “Paseniño”. 

Durante o tempo que dura o programa, os nenos e nenas poden realizar actividades lúdicas e de lecer, como xogos, manualidades ou lectura, mentres son supervisados por persoal especializado.

O obxectivo principal deste programas é ofrecer unha alternativa segura e educativa para as familias que necesitan conciliar a súa vida laboral e familiar, e asegurarse de que os nenos e nenas empecen o día de forma tranquila e segura.

 

Plan Madruga



page | by Dr. Radut