SEGUIMOS LUNS 15 DE XUÑO

Bo día familias e nenos e nenas:

Agora si que xa rematamos, estamos xa na conta atrás camiñando para rematar primeiro e empezar as tan merecidas vacacións.

Cada día faremos unha pequena tarefa, agardando que cheguemos ao venres e poder disfrutar do noso Festival fin de Curso que con tanta ilusión preparamos e tamén con moito esforzo, xa que estades familias e nen@s moi pero que moi agotados.

Moitas grazas por seguir aquí coma sempre conectados na distancia pero xuntos. Sen este equipo tan marabilloso sería imposible chegar á meta. Foi o esforzo de todos e de cada un de vós o que fixo que resistiramos e saíramos máis fortes e con gañas de seguir medrando cada día máis. Quérovos!

Un saco cheo de bicos.

A profe, MªJosé

AdxuntoTamaño
LUNS 15 DE XUÑO.pdf328.13 KB