Inglés

PARA @S CHIC@S DE 1º

Ola chic@s!

Imos rematando xa o tema 5 coas últimas fichiñas para afianzar o vocabulario e estruturas do tema. 

Xa non nos queda nada para rematar o curso! Moitos ánimos e apertas!

PARA @S CHIC@S DE 3º

Ola!

Rematamos xa de repasar o tema 2 coa última ficha e imos empezar a repasar o tema 3. Revisade o vocabulario do tema nas páxinas 26 e 29 e as estruturas na libreta do present continuous: I´m wearing, he´s wearing, what´s she wearing?...

Moitos ánimos e apertas!

PARA @S CHIC@S DE 4º

Ola!

Imos rematando co tema 3 repasando agora tamén as preposicións de lugar (recordade revisalas, téndelas copiadas na libreta e tamén no libro na páxina 29).

Mándovos un par de fichas para traballar con isto ata o luns. 

Moitos ánimos e apertas!

PARA @S CHIC@S DE 2º

Ola!

Hoxe imos repasar o tema 2. Mirade ben o vocabulario no libro para facer a primeira ficha sobre os medios de transporte. 

Espero que esteades tod@s ben. Moitas apertas!

PARA @S CHIC@S DE 3-4 ANOS

Ola!

Hoxe imos traballar os animais salvaxes da man de Matt, un personaxe que @s nen@s xa coñecen, a través dunha canción, e tamén cunhas flashcards para colorear. 

Espero que vos guste!

https://www.youtube.com/watch?v=p5qwOxlvyhk

PARA @S CHIC@S DE 6º

Ola!

Mándovos as solucións da lesson 6 do activity e un par de fichas do tema 5. Seguide traballando así de ben. Moitas apertas!

PARA @S CHIC@S DE 6º

Ola!

Mándovos as solucións da lesson 6 do activity e un par de fichas do tema 5. Seguide traballando así de ben. Moitas apertas!

PARA @S CHIC@S DE 4º

Ola!

Hoxe imos empezar repasar o tema 3. Botádelle un ollo ó vocabulario do tema. Temos na libreta copiado cómo se di: HAY / NO HAY en afirmativo, negativo, interrogativo. 

Mándovos unha fichiña para repasalo. 

Moitas apertas!

PARA @S CHIC@S DE 3º

Ola!

Hoxe imos facer a última ficha de repaso do tema 1 e a primeira do tema 2, así que collede o libro, botádelle un ollo ó vocabulario e ás estruturas do tema 2 e logo facede a segunda ficha. 

Moitos ánimos e apertas!

PARA @S CHIC@S DE 1º

Ola!

Seguimos un pouquiño no libro na páxina 46 onde temos I like (me gusta) I don´t like (non me gusta) e novo vocabulario:

peaches - melocotones

melons - melones

olives - aceitunas

oranges - laranxas

Poden facer a actividade da páxina 69 e tamén vos mando unha fichiña. 

Gracias polos vosos esforzos. Moitas apertas!

Distribuir contido