Actividades

RECONSTRUÍNDO O ENTROIDO

Agardamos que pronto poidamos gozar tod@s xuntos destes momentos.

Moitas gracias.

Reapertura da biblioteca

A Biblioteca abriu as súas portas a novas historias, a novos proxectos e, por suposto, á maxia da pintura. E que mellor xeito de comezar que con outra clase de maxia, a da música de uxía e Roscón, parte de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Moitísima grazas por agasallarnos co voso tempo, enerxía e bo facer.

 

MAGOSTO

Estimadas familias;

Como vén sendo habitual por estas datas, imos celebrar o MAGOSTO. Este curso, realizarémolo o venres 9 de novembro a partir das 12 da mañá.

Precisamos da vosa colaboración nos seguintes aspectos:

. Envíen polos nenos e nenas unhas castañas picadas.

. De ser posible aporten unha pequena cantidade de leña.

. Procuren que ese día o alumnado veña con roupa axeitada.

. Mandade as castañas e a leña só o xoves 8 e o venres 9.

Por cuestións organizativas do centro a festa do magosto é só para o alumnado.

Clicade enriba da imaxe das castañas e podedes visualizar un vídeo anunciando o noso magosto, realizado nun obradoiro de dobraxe na aula de 5º B. E se clicas sobre as letras de cor verde, outro máis, súper simpático. A gozar destas dúas estupendas presentacións!!!

FESTIVAL ENTROIDO

 

          Estimadas familias:

     Como vén sendo habitual no noso colexio nesta época do ano, imos celebrar o vindeiro venres 9 FESTIVAL de Entroido  do 2018 que este ano leva por título “Pippi Langstrump”.

     Comprácenos invitalos a que participen nesta festa con nós, polo  que ás 12:10  abriranse as portas  para poder acceder   ao centro.

       Moitas grazas pola súa colaboración.

ENTROIDO 2018

ORDES DO MECO DON ÓSCAR

LUNS

PARA NUNHA GALA DE CINE ENTRAR, GARAVATA OU LAZO HAS DE LEVAR

MARTES

UN GRAN BIGOTE LUCIRÁS E EN ARTISTA DE CINE TE CONVERTIRÁS

MÉRCORES

TRAE UNS LENTES MOI VISTOSOS PARA ESTA GALA DE ENTROIDO

XOVES 

PON ESTRELAS ONDE QUEIRAS E SERÁS...ARTISTA DE PRIMEIRA

 

 

Distribuir contido