Skip to Content

2019

VISITA ALUMNOS 6º DE INFANTIL . XINZO DA LIMIA

Seguen as visitas programadas ao Museo Galego do Entroido Na mañá do mércores tocoulle o quenda

aos rapaces e

rapazas de 5 anos do CEIP Mestre Vide de Ourense que solicitaran xa fai tempo a visita.

Nin que dicir ten que a visita foi seguida con moita atención polos cativos, pódese comprobar na instantánea,  aínda que segundo manifestaron os responsábeis do museo algún que outro cando chegou a sala principal e se atoparon de fronte coa máscara de Viana do Bolo, o susto tardóuselle de sair do corpo.

Houbo outros rapaces e rapazas que xa coñecían perfectamente a Pantalla, posto que aínda que tendo tan solo 5 anos, xa levan vindo ao Entroido de Xinzo dende cativas e cativos  e sobre todo despois do traballo,  que seica levaron pintando e modelando dende fai días a Pantalla do noso Entroido. Quizás sexa porque a profesora é veciña  de Xinzo e unha gran experta en  manualidades.

XOVES DE COMPADRES

Compadres y comadres en el cole. Los escolares del colegio de MESTRE VIDE elaboraron ayer las comadres y los compadres por los que se van enfrentar en la plaza mayor este jueves.

 

VISITA DE 1ºB A CÁRNICAS XURÉS

Bríoche, 5.B

Brioche  típica. A brioche é un tipo de bolo doce, de masa inflada e bastante aireada, que contén manteiga. Orixe A brioche foi creada en Normandía no século XVI. A pasta de brioche remonta á Idade Media, época na que se fabricaban pasteis que se parecían ás brioches actuais. Etimoloxía A etimoloxía do termo « brioche » permaneceu moito tempo discutida. Entre as hipóteses máis fantasiosas que se teñen dito: brioche derivaba das palabras « bris » e « hocher » (que significan "remover") brioche viña de « Briochins » (ou "briochinos", os habitantes de Saint-Brieuc) A conxectura máis pintoresca é a de Alexandre Dumas.

PLAN DIRECTOR-POLICIA NACIONAL

Entroido

As datas para celebración do entroido neste curso serán:

4, 5 e 6 de marzo

Admisión novo alumnado

 

ADMISIÓN 2019/2020

Xornada de portas abertas. Admisión alumnado Curso 2019-2020

Os país e nais que desexen vistar as nosas instalacións e  informarse sobre a metodoloxía e funcionamento do noso Colexio, poden visitar o Centro de Ed. Infantil e Ed. Primaria Mestre Vide os  martes de febreiro  de 16:00 a 18:00 horas.

 

Normativa de aplicación

  •  DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 

Prazas vacantes ofertadas no proceso de admisión 

 

 

Cursos

Unidades

   Postos escolares

Vacantes ofertadas

NEEAE

1º E.I.

2x25

50

 50

   6 *

2ºE.I.

2 x25

50

             00

    

3º E.I.

2 x 25

50

 00

    

1º PRIM.

2 x 25

50

 02  *

 *

2º PRIM.

                2X25

50

            00

 

3.PRIM.

2x25

50

            00

 

4º PRIM.

2 x25

50

           -01

 

5º PRIM.

2 x 25

50

           00

 

6º PRIM

2 x 25

50

           -02

 

         
       
       

NEEAE* (Do total de vacantes, número de prazas reservadas para Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo) (3 por unidade) A.3.2

 

 

Prazos
Do 1 ao  20 de marzo de 2019, ambos incluídos.

 

Documentación
Documentación que se debe presentar na secretría do  ceip Mestre Vide para formalizar a solicitude de admisión:

1-  Fotocopia do DNI (de non posuír DNI, presentar copia da páxina do libro de familia onde figura o/a alumno/a).

2-  Anexo II. .

 3. CONVENIO REGULADOR OU RESOLUCIÓN XUDICIAL DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, DE DARSE O CASO.

Calendario

Do 25 de marzo ao 5 de abril de 2019, ambos inclusive (sempre que a demanda supere a oferta de prazas):

As persoas que reciban o aviso de tal circunstancia, poderán achegar, voluntariamente, a documentación acreditativa dos criterios de baremo que indicaron na solicitude de admisión.

24 DE ABRIL DE 2019

Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta paxina web a resolución provisional do alumnado admitido e non admitido mediante listaxes ordenadas por orde de puntuación, nas que constará a puntuación asignada a cada alumno/a en cada un dos criterios, así como a puntuación total.

A resolución provisional poderá ser recorrida perante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da resolución provisional.

 PRAZO DE RECLAMACIÓN: 25 DE ABRIL AO 02 DE MAIO.

 14 DE MAIO DE 2019

Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta paxina web a resolución definitiva do alumnado admitido e non admitido mediante listaxes ordenadas por orde de puntuación, nas que constará a puntuación asignada a cada alumno/a en cada un dos criterios, así como a puntuación total.

Contra a resolución definitiva poderase interpoñer recurso de alzada ante a Xefa Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

 

Para ter en conta:

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma implicará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que presente solicitude de admisión  no ceip Mestre Vide, deberá comunicalo ao centro no que actualmente cursa estudos.

O alumnado que presente solicitude de admisión no ceip Mestre Vide  e tivera feita reserva de praza no centro no que actualmente cursa estudos ou para o centro adscrito que lle poidera corresponder, deberá renunciar a dita reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

ÁREAS DE INFLUENCIA DOS CENTROS PÚBLICOS DA CIDADE DE OURENSE.

CEIP MESTRE VIDE

Curros Enríquez, incluíndo interior praza Eduardo Barreiros. Rúa do Paseo ata rúa Concordia, rúa Concordia ata rúa do Paseo, rúa Santo Domingo dende rúa Concordia ata rúa Bedoia, rúa Bedoia, Praza de Valle Inclán, rúa Emilia Pardo Bazán dende rúa Bedoia, rúa Xoán de Nóvoa, avenida de Buenos Aires ata rúa Bernardo de Cachamuíña, rúa Bernardo de Cachamuíña, Camiño da Moreira, números pares da avenida Ramón Otero Pedrayo ata o número 8 incluído (camiño da Moreira), rúa das Lagoas. Todas as rúas interiores dentro deste límite.

Areas limítrofes: as áreas de influencia de CEIP Curros Enríquez, CEIP Manuel Sueiro e CEIP As Mercedes.

Servizos complementarios ofertados

Servizo de comedor   xestionado pola Consellería de Educación. Empresa: cátering  SALA GRADIN S.L. CIF:B36114122Nº Prazas:190

ATENCIÓN TEMPERÁ.

HORARIO: DE 7:30 A 9:00 HORAS.

CÁTERING : ANTONIO GALLEGO.

 

 

Datas 2ª avaliación

- Avaliación de Infantil: 02/04/2019

- Avaliación de Primaria: 09/04/2019

Información ás familias o venres 12 de abril de 2019

Xornada de portas abertas

  O CEIP Mestre Vide ofertará as xornadas de portas abertas durante os martes do mes de febreiro para os pais/nais de novos alumnos.

Horario de visita:  martes de 16:00 h. a 18:00 h.

 

Día non lectivo 2019

Distribuir contido


by Dr. Radut