Skip to Content

O BOSQUE GALEGO . MURAL

Galicia, pola súa situación e a diversidade de climas e solos, acolle unha boa variedade de bosques naturais. É o tipo de bosque que lle corresponde a Galicia pola súa situación. Formado por árbores de folla ancha e caediza e un abundante e variado sotobosque de especies trepadoras, herbas e plantas que florecen antes da saída das follas das árbores, fungos, brións e liques. Acolle aos animais máis grandes da fauna galega. BOSQUE CADUCIFOLIO As fragas son fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante. Son os bosques naturais.

 



page | by Dr. Radut