Skip to Content

IV CAMPAÑA DE AGASALLO DE LIBROS Á RAPAZADA (BONOS 20€)

IV CAMPAÑA DE AGASALLO DE LIBROS Á RAPAZADA (BONOS 20€)

1 de febreiro ao 4 de marzo de 2024

Nados dende o 1 de xaneiro de 2006 CAMPAÑA DE AGASALLO DE LIBROS Á RAPAZADA A campaña de agasallo de libros á rapazada é unha iniciativa en forma de subvencións en especie para a adquisición de libros con destino a nenos e nenas (menores de 18 anos) nados no ano 2006 en adiante e empadroados no Concello de Ourense. Será un exemplar á súa escolla, por importe de até 20 euros -se supera esa cifra, a diferenza deberá ser achegada polo/a interesado/a- que poderán retirar nas librarías que se adhiran á campaña.

As adquisicións de libros realizaranse dende o 1 de febreiro de 2024 ata o 4 de marzo de 2024.

Para estes efectos, deberás realizar unha solicitude a través da web do Concello de Ourense (www.ourense.gal ou https://libros.ourense.gal/), onde atoparás unha listaxe dos establecementos participantes na campaña. Unha vez cubertos os datos requiridos enviarémosche un código alfanumérico que deberás presentar, xunto co DNI, no establecemento. O Concello dálle continuidade así á campaña realizada de forma pioneira o verán do 2020, coa que máis de 9500 nenos e nenas recibiron este agasallo como premio aos seus esforzos durante o confinamento e durante o curso escolar. A anterior “campaña de agasallo de libros á rapazada” desenvolveuse do 22 de xuño ao 7 de setembro de 2022, e participaron máis de 30 librarías e papelarías da cidade. A que esperas para recoller o teu libro?

COMO OBTER O TEU LIBRO

1º Paso Completa o formulario coa túa información e busca os beneficiarios ao teu cargo.

2º Paso Recibe no teu correo electrónico ou sms os bonos de cada beneficiario/a.

3º Paso Troca os bonos nun establecemento asociado á campaña.

4º Paso No momento da venda do libro, recibirás unha mensaxe no teu correo electrónico ou sms para confirmar a compra.

5º Paso Goza da lectura

! Un saúdo. Ourense,

1 de febreiro do 2024 Sara Dacal Fdez Coordinadora Programas Educativos Rúa da Canle 6, 32004 Ourens

AdxuntoTamaño
DIFUSIÓN CAMPAÑA LIBROS- CONCELLO 2024.pdf136.73 KB


page | by Dr. Radut