Skip to Content

Complementarias

DIA DE ROSALIA

Escolares de toda Galicia homenaxearon a Rosalía de Castro, coincidindo co 178 aniversario do seu nacemento en Compostela

http://http://www.crtvg.es/informativos/escolares-de-toda-galicia-celebran-o-dia-de-rosalia-1022859

FELICITACIÓN DE NADAL

SEMPRE HAI UN MOMENTO NA INFANCIA NO QUE SE ABRE UNHA PORTA E DEIXA ENTRAR 0 FUTURO. ( GRAHAM GREENE)

QUIXERA DESEXARVOS A TODOS/AS UNHAS FELICES FESTAS E UN 2015 CHEO DE PROXECTOS.

ENTREGA DE PREMIOS DE TARXETAS DE NADAL

FOTOS NA GALERIA

VISITA DE PAPA NOEL

FOTOS NA GALERIA DO CENTRO.

TORNEO DE NADAL BADMINTON

Na competición participaron todas as categorías que representan ao bádminton en idade escolar,desde benxamín mixto a cadete.
Numerosa participación,sobre todo nas categorías máis pequenas(bo síntoma).Como ultimamente vén sucedendo, o MESTRE VIDE,ALEVIN MASCULINO:1.Martín Iglesias,2.Alejandro Gesteiro,3.Nicolás Zabaleta   ALEVIN FEMENINO:1.Carme Martínez,2.Itziar Gómez,3.Nerea Salvadores BENXAMIN MIXTO:1.Álvaro Soriano,2.Ana Novoa,3.Sol Pedrera )foi o que aportou máis participantes e dominou as categorías inferiores(benxamín e alevín).Nas superiores o dominio foi de ATHLOS, só roto polas pratas conseguidas polos representantes do IES OTERO PEDRAIO (Clara Barreiros e Micaela Ferreira).O outro club galardonado foi BOSCO,que conseguía o bronce da man de Nerea Salvadores.O outro club participante,INDEPENDIENTE,,lograba unha meritoria 4ª praza da man de Daniel Castillo, en categoría cadete,que sen dúbida contaba cuns representantes de gran calidade.

Pecho crónica e deséxovos o mellor para o vindeiro ano 2015.

 

FESTA DE NADAL

FOTOS MAGOSTO

CARREIRA SAN MARTIÑO 2014

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 FRAN ALONSO NO MESTRE VIDE

Francisco Alonso Villaverde, nado en Vigo o 27 de xuño de 1963, é un escritor galego. Fran Alonso (AELG)-1.jpg

Traxectoria

Estudou filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. A súa carreira como escritor aparece vencellada profesionalmente ó xornalismo e ó ámbito da edición. Foi redactor de Diario 16 de Galicia, e dende 1992 traballa en Edicións Xerais de Galicia.

Deuse a coñecer en 1991 ó gañar o Premio Blanco Amor con Tráiler, unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas. En 1994 publica Cemiterio de elefantes, unha colección de relatos centrados no mundo da noite, e en 1995 Silencio, unha novela curta na que explora a esquizofrenia do mundo urbano. O libro de relatos Males de cabeza fala sobre os problemas individuais que teñen que ver coa neurose socializada e coa ansiedade que afectan a todo o conxunto social.

Como poeta é autor dunha innovadora e interesante obra dende 1992, cando deu ó prelo Persianas, pedramol e outros nervios. A vontade rupturista e rebelde dos seus poemas está presente nas súas sucesivas entregas: Tortillas para os obreiros en 1996, Subversións en 2001. O seu último poemario constitúeo Balada solitaria, un diálogo entre a linguaxe poética do galego e a linguaxe figurativa do fotógrafo portuense Renato Roque.

A súa obra narrativa e poética aparecen recollidas en diversas antoloxías. Traduciu para o galego o Polgariño de Charles Perrault, foi un dos animadores das Edicións do Dragón e coordinou e editou o libro Mini.relatos, publicado pola Librería Cartabón (1999), onde participaron 27 autores galegos novos. Foi responsable das coleccións de poesía Ablativo Absoluto e de narrativa Abismos, durante o período de vixencia das mesmas.

Está casado con Concha Costas, ex-presidenta da Mesa pola Normalización Lingüística do galego.

http://youtu.be/UD9eR4grWI0

VIDEO LETRAS GALEGAS 2014 http://youtu.be/8EQjQgiUCc0 VIDEO LETRAS GALEGAS 2013

AXUDAS XUNTA/ CONCELLO DE OURENSE CURSO 2014-2015

A Consellería de Cultura e Educación mantén as contías das axudas para a compra de libros de texto, ás que se suma o acceso gratuíto de 2.500 estudantes a materiais dixitais
 
O departamento educativo da Xunta publica hoxe no DOG a convocatoria de bolsas, dirixidas a facilitar o acceso aos manuais ás familias que máis o necesitan
As axudas irán entre os 90 e os 180 euros, en función da renda e o nivel educativo
Cómpre lembrar que no curso 14/15 se pon en marcha unha plataforma de contidos curriculares dixitais completos, que será de acceso gratuíto e que chegará este primeiro ano a 2.500 estudantes de 5º de Primaria
 
Ven, 30/05/2014 - 10:50
 
 
 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a nova convocatoria axudas da para a adquisición de libros de texto en todos os cursos do ensino obrigatorio, a través do que o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad continúa un ano máis o seu apoio ás familias galegas para afrontar o inicio de curso.

Froito deste compromiso, o departamento educativo da Xunta de Galicia mantén as contías das axudas, o que constitúe un importante esforzo económico no actual contexto. Así mesmo, os requisitos de renda per cápita familiar – tomando como referencia a do ano 2012- para a obtención das axudas serán os mesmos que nos anos anteriores. Ademais os estudantes de educación especial, así como os que presenten unha discapacidade igual ou superior ao 65%, percibirán axudas de 250 euros, independentemente da renda per cápita.

Como novidade este ano poténciase a formación de bancos de libros establecendo a obriga de incorporar, logo de rematar o curso, os libros adquiridos con cargo á axuda a un fondo solidario que se constituirá nos centros, como medida que favorece o establecemento dun sistema de socialización do seu uso.

Contidos dixitais

Cómpre lembrar, ademais, que este ano se pone en marcha unha plataforma de contidos curriculares dixitais completos, gratuítos para as familias e accesibles sen necesidade de conectividade. Así, o alumnado matriculado en 5º de educación primaria dos centros seleccionados para o proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014-2015, convocado mediante resolución do 22 de abril de 2014 (DOG do 30 de abril), non accederá ás axudas, xa que a inclusión neste programa permitiralles ter á súa disposición e de xeito gratuíto unha contorna virtual de aprendizaxe con libros e outros materiais dixitais cos que poderán desenvolver a totalidade do currículo.

A iniciativa, que forma parte do Proxecto Abalar, prevé alcanzar en tres anos a 22.500 alumnos de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO; e suporá un aforro total de 4,5 millóns de euros

Umbrais e contías iguais que en anos anteriores

O programa de Gratuidade Solidaria para o curso 2014/15 mantén os umbrais da renda das convocatorias anteriores, tomando como referencia a situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2012 e o exercicio fiscal 2012 e cunhas contías que posibilita que as familias con menos recursos poidan adquirir os libros.

O importe das axudas por cada alumno/a é o seguinte:

Educación Primaria:

Familias monoparentais:

-Renda per cápita familiar ata 6.000,00 euros: 170 euros

-Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 euros: 90 euros

Resto das familias:
-Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 170 euros
-Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 90 euros

Educación Secundaria Obrigatoria:

Familias monoparentais:
-Renda per cápita familiar ata 6.000,00 euros: 180 euros.
-Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 euros: 104 euros.

Resto das familias:
-Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 180 euros.
-Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 104 euros.

O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65% que solicite a axuda e cumpra os requisitos da convocatoria percibirá 250 euros, con independencia da renda per cápita familiar.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut