BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

OS MAIOS EN BEMBRIVE

Por fin chegou o día do Festival dos Maios de Bembrive.

Este é o aspecto do noso maio. Ben bonitiño!

OS MAIOS EN BEMBRIVE

PREPARANDO OS MAIOS

Aquí tedes unha foto do proceso.

Se queredes ver o resultado final,

o domingo no Festival.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

- Por traer esta mañá o necesario para facer este maio tan "chulo". 

- Por toda unha tarde adicados/as tanto os pequenos/as coma os/as maiores a preparar o noso primeiro maio de Mosteiro para o Festival de Bembrive.

- Pola preparación das profes e alumnos/as das coplas dos maios para recitalas o domingo.

              VOS ANIMAMOS A ACOMPAÑAR O MAIO  ESTE DOMINGO, A PARTIRES DAS 17 HORAS.

              A FESTA DA PRIMAVERA VOS ESPERA!!

PREPARANDO OS MAIOS

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2014

O vindeiro martes, día 13 de maio, celebraremos o Festival das Letras Galegas no Centro Cultural de Bembrive.

Este ano está adicado ao poeta Xosé María Díaz Castro.

O alumnado ten que estar ás 16:00 horas no Centro Cultural para que o festival comece con puntualidade ás 16:30 horas.

Lembrámoslles a todos os pais e nais que esta actividade forma parte da Programación Xeral do Centro, polo que aqueles alumnos/as que non actúen deberán asistir para acompañar e valorar o traballo feito con agarimo e dedicación polos seus compañeiros.

                                                     BENVIDOS A FESTA DO GALEGO!!!

 

 

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2014

AXUDAS MUNICIPAIS ESCOLARES para LIBROS e COMEDOR 2014/15

O Concello de Vigo convoca o programa de Axudas Municipais Escolares para Libros e Comedor 2014/15.

As solicitudes presentaranse do 2 ao 30 de maio (ámbolos dous incluídos) no Concello: Praza do Rei s/n.

Horario de luns a venres de 9:00 h. a 13:00h.

 Máis información en: www.vigo.org

Na Secretaría do colexio poden obter os impresos de solicitude.

AXUDAS MUNICIPAIS ESCOLARES para LIBROS e COMEDOR 2014/15

OS MAIOS EN BEMBRIVE

O vindeiro domingo 11 de maio participaremos por 1ª vez na Festa dos maios de Bembrive.

Teremos que estar todos no Centro Cultural antes das 5.

Precisamos da vosa colaboración para:

  • O venres pola mañá cada alumno do colexio traerá unha mandarina.
  • O venres as 4.30 horas,necesitamos pais/nais para axudar a montar o Maio no colexio.
  • Necesitamos:fiuncho,calas,camelias,gerberas ou calquera outra flor.

Os nenos que queiran participar,virán vestidos cun pantalón vaqueiro e unha camisa ou camiseta branca. Traerán colares ou diademas de pampillos (margaridas silvestres) ou calquera outra flor.

                                MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN 

MATRÍCULA 2014-2015

ESTÁN ADMITIDAS TÓDALAS SOLICITUDES PRESENTADAS PARA OS DIFERENTES NIVEIS NO CURSO 2014-2015.

MÁIS INFORMACIÓN NO APARTADO ``SECRETARÍA´´ PREMENDO NA PARTE ESQUERDA DA PÁXINA.

O MAR DA CONVIVENCIA

 Premendo na imaxe poderás acceder a moitos recursos relacionados co proxecto que estamos a desenvolver este curso: "O MAR DA CONVIVENCIA". Comeza a aventura no "Caladoiro infantil" feito coa aplicación Symballoo.

 

 

 

 

 

O clube Trasnos de Béisbol visita o colexio

Durante a semana do 24 ao 27 de marzo un adestrador do clube de béisbol Trasnos de Vigo visitou o centro para impartir duas sesións cos nenos e nenas do segundo e terceiro ciclos de EP. Aprenderon as posicións básicas de lanzamento e bateo e xogaron partidos en dous bases que despertaron o entusiasmo entre os participantes. O béisbol, como tantos outros deportes, é unha estupenda alternativa para o tempo de lecer dos nosos nenos e paga a pena consideralo como tantas outras opcións de realizar actividade física cos nosos fillos e fillas. Moitas grazas pola visita, Fernando! Agardamos que veñas pronto polo colexio outra vez!!!

O clube Trasnos de Béisbol visita o colexio

Béisbol no Mosteiro IV

Béisbol no Mosteiro IV

Béisbol no Mosteiro III

Béisbol no Mosteiro III
Distribuir contido

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo