Título | Resumo |
---|---|
PROXECTO VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os animais vertebrados e invertebrados foron tema de investigación, o alumnado creou un libro de lapelas para concentrar a información. Durante o proxecto recibiron a visita de Algodón, un coelliño a mar de doce.
|
COSTURA ENTROIDO #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Estes días alumnado e mestres pasamos moito tempo na zona de costura da nosa biblioteca creativa. As máquinas de coser non dan abasto e todos estamos preparando os disfraces do entroido. Reciclamos todo o material que podemos e creamos boa parte dos disfraces. É tempo de apegotas, bromas mentireiras, este mes autorizadas. Así que coidadiño!
|
FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA - 5 ANOS E 4º PRIMARIA #DíaDoCómic #BibliotecaCreativa #UnhaBEenViñetas #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 4º de Primaria e 5 anos gozou da Formación de Biblioteca Creativa da Asesoria de Bibliotecas, sobre banda deseñada. A actividade estivo a cargo de Diego Cheda, ilustrador de tódalas personaxes que forman parte da vida da nosas salas e de dous libros onde elas son protagonistas. Hoxe na biblioteca escoitaron e falaron dos fanzines, realizaron bocadillos, debuxaron a Percebiño, o polbo Ataulfo, a gaivota Casilda... crearon historias e pasaron unha mañá fermosa na compaña de Diego.
|
COCIÑANDO POLO SAMAÍN #SamaínCedeira #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas |
Os Vagalumes preparan o seu xantar de Samaín, pementos recheos e salchichas momia.
Dende a escrita da receita, pasando polo lavado, cortado, preparación, posterior xantar e, por suposto, non menos importante limpeza final dos espazos e recursos utilizados. Ollade e se vos presta, copiade a receita!
Boo Samaín!!
|
FORMACIÓN DE USUARIOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas | |
ESTAMOS DE PARABÉNS! PREMIO PROXECTO "NATURALmente, APRENDENDO!" #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Orgullo das nosas xentes, da nosa flora, fauna, paisaxes! Gracias a todas e todos os que sementastes neste proxecto, moita xente pasou pola biblioteca, pola escola, polos roteiros... unha vila ollou a natureza, escoitouna, mimouna, observouna. Grandes e pequenos, todos xuntos aprendemos a mirar. Hoxe estamos de parabéns! Saimos premiados no IX Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar.
Recordade seguir observando. Deixamos unha entrada do blog "Ao Noroeste, do Noroeste" de Rafael López Loureiro, de seguro vos vai gustar.
|
FONDOS DÍA MUNDIAL DA INFANCIA #DiaMundialdelaInfancia #DiaMundialdaInfancia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Pasade coller o voso! Se tedes dúbidas, preguntade ao profesorado ou o voluntariado.
Aberto a toda a comunidade en horario de 16:00 a 17:00h., luns, mércores, xoves e venres. DÍA MUNDIAL DA INFANCIA UNICEF
|
ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #bescolaresgal |
Coa intención de brindar unha documentación útil para as familias, imos compartir unha serie de recursos, a través de vídeos, libros e documentais que poden ser de moita utilidade no entorno familiar e escolar para crear espazos seguros e traballar a educación afectivo sexual e a prevención do abuso á infancia. Algúns destes contidos son para público infantil, outros necesitan a guía dun adulto e outros só están indicados para adultos. Irémosvos comentando. Comezaremos cunha canción para público infantil. Nos vindeiros días publicaremos outros recursos.
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - CANCIÓNS DA INFANCIA #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Estimadas familias e diferentes axentes sociais, desexamos que compartades connosco aquelas cancións da infancia, coas que saltabas á corda, xogabas coas palmas, facías a roda... Podedes mandalas escritas na ficha e ensinárllelas ao teu peque e, aínda mellor, podes vir á escola e ensinárnolas.
Anexamos a ficha para a recollida da documentación. Gracias por participar!
|
NOVOS FONDOS #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Ven coller unha novidade: libro informativo, banda deseñada, libro de aventuras, poesía, teatro... Unha gran variedade para tódolos gustos e se queres algo especial, non esquezas deixar a túa suxerencia na caixa de suxestións.
|
VISITA FAMILIAS #Formacióndeusuarios #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Agradecemos a participación da comunidade educativa. Podedes vir vistitar á biblioteca e realizar unha visita co alumnado voluntario de 6º de E.P., o próximo 29 de xaneiro ás 10:00h.
|
TERTULIAS DIALÓXICAS EN FAMILIA - CLUB DE LECTURAS #Clubsdelectura #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
CABAZA CON SENSOR DE LUZ #poloscreativos #SamaínCedeira #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas |
O alumnado de 5º de E.P. crea unha cabaza con sensor de luz para a exposición de cabazas do cuarto do Samaín.
Vaia chulada!
|
DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURAS "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado dos Club de Lecturas "Chocolate con libros" despide este curso cunha última sesión, moi doce e veraniega, praia, lectura e xeado de chocolate! Umm, que rico!
|
LEGO WEDO #PolosCreativos #Ciencia #MesDaCienciaEnGalego #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Gozando das posibilidades e recursos no mes das ciencias con Lego Wedo.
|
RADIO EXPERIMENTAL - NOVO ESPAZO #Radionabiblio #Cedeira #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Presentamos a extensión da Radio Experimental, un segundo espazo máis amplo, para realizar moitos podcast. Deste xeito a Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" invirte o premio gañado no Concurso de podcasts de Radio na bliblio. Animádevos a mantelo dinamizado!
|
CONCELLO DE CEDEIRA SAÍDA DIDÁCTICA #AprenderaPensarnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de segundo de primaria remata a unidade sobre o Concello e os servizos públicos cunha visita ao mesmo Concello de Cedeira. Alí tiveron a oportunidade de coñecer a diferentes traballadores, saber das súas profesións, ollar os diversos espazos de reunións, conversar con varios conselleir@s e co alcalde Pablo Moreda. Incluso entraron ver o Pazo de Moscoso reformado, onde se aloxará Policia Local e Servizos Sociais. Por suposto, falaron, contaron e opinaron da vida na escola e na vila! Gracias a todos o que fixeron posible esta visita.
|
PROGRAMANDO CON SCRATCH #MesDaCienciaEnGalego #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos |
O alumnado de 5ºA, nas sesións do proxecto competencial, aprenden a programar con Scratch . Comezan cos fondos, son, escoller personaxes e aprenden a deseñar un código para que as personaxes realicen as accións que lles encomendan. Esta linguaxe de programación é moi interesante, pois as habiblidades que o alumnado adquire, posteriormente pódense aplicar a outras linguaxes de programación como Python ou Java.
|
SE QUERES FALAR DE LIBROS, APÚNTATE AO CLUB DE LECTURA! #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
FORMACIÓN DE USUARIOS ALUMNADO #CDU #PLAMBE #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas |
Rematamos nestes días a formación de usuarios para o alumnado de 5 anos a 6º de primaria, reparando en cousas importantes dentro da biblioteca, a CDU e a axuda que nos presta para atopar ou colocar un libro, que tipos
de fondos atopamos en cada sala, que outros recursos alberga a nosa biblioteca Lía, como podemos gozar deses recursos, cales son as normas
que permiten que a convivencia na biblioteca sexa diversa, pacífica, fluida e na que todas e todos nos sintamos cómodos e respectados.
|
LECTURA E FAMILIAS CARLOTA PICOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #Nadal #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
O alumnado de 3 anos tivo unha visita especial, a de Carlota Picos, a mamá de David. Con ela realizaron un obradoiro de árbores de Nadal de milfollas. Boa parte quedou nas fontes e foi ao forno, outra a levaron posta. De seguro foi unha mañá máis que doce e divertida! Esta é unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos, no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.
|
RECREOS CO VOLUNTARIADO ESCOLAR #VoluntariadonabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os recreos son diversos e a isto contribúe o noso voluntariado escolar. Gracias pola vosa colaboración!
|
VISITA FAMILIAS - PORTAS ABERTAS - FORMACIÓN USUARIOS ADULTOS #Formacióndeusuarios #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O voluntariado da biblioteca escolar, específicamente os de sexto curso, fixeron unha presentación a través da aplicación Canva, para explicar o funcionamento dos diversos espazos da biblioteca e da escola. Posteriormente, realizaron unha visita guiada por toda a escola para explicar e amosar as instalacións e recursos.
Sempre contaron coa axuda e supervisión do profesorado da biblioteca escolar e do coordinador de Polos Creativos.
|
MARES DE CEDEIRA MUSEO #PDI #MesDaCienciaEnGalego #ALFIN #AMI #ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Máis de cincuenta pequenas e pequenos inundaron Mares de Cedeira Museo, o venres 17, con ollos curiosos e cheos de preguntas.
Alí puideron gozar de dúas visitas:
1º-. Unha exposición artística a cargo de Francisco Pérez Alonso, pintor zamorano. Na que a rapazada tivo o pracer de escoitar ao autor explicando as súas obras de artes: - diversos instrumentos musicais tocados e acompañados cos seus cantos. - pinturas cinéticas de edificios emblemáticos de Ferrol, nos que a obras adquiren movemento e que cada unha ten unhas centro cincuenta horas de traballo. - e figuras con moito contido talladas en madeira.
2º-. E por suposto, o noso museo do mar, cheo de barcos onde explorar o oficio do carpinteiro de ribeira, ver o paso do tempo a través das fábricas conserveiras, ollar anzós e artes de pesca, unha inmensa exposición de cunchas, crustáceos e rematar cunha historia de viaxes en botella.
Recomendamos a visita e se ides, escoitade a historia!
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - ALUMNADO 2ºA #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Desta volta os protagonista das cancións infantís son Iñaki, Carme e Simón. Esta é unha actividade enmarcada no proxecto documental "Música, maestro!".
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- …
- seguinte ›
- última »