Título | Resumo |
---|---|
APADER ACTIVIDADES INTERCENTROS #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Continuamos con máis actividades intercentros coa asociación Apader. Rapazada disfrutando e aprendendo nun obradoiro artesá!
|
PLANTAMOS NA HORTA #FamiliasnaBE #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A rapazada de 2B foi á Horta acompañados da familia de Dylan para plantar clabacins, tomates, amorodos e caraixons. Xa comezan a medrar os primeiros amorodos e esperamos recolectalos en poucos días.
|
ILUSTRANDO A LUISA #AMI #LetrasGalegas24 #LuísaVillalta #Radionabiblio #bescolaresgalabertas |
Os recursos da biblioteca proporcionan unha oportunidade motivadora para profundizar no coñecemento da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024. Luisa Villalta, as portadas das súas obras e o seu violino son percorridos por decenas de ollos ávidos de coñecemento, son radiografíados para logo as mans tenras e cheas de saber do noso alumnado, tracen liñas e curvas, repasen e den cor; ata conseguir trasladar cada recodo que permanece nas súas mentes. Logo fotografían os debuxos coas cámaras dos ipads e as pasan á aplicación "Animated Drawings" para darlles vida ás personaxes. Luisa baila, salta, corre e o mesmo fai o seu violino e as súas obras movéndose todas a un compás que só ela podía conseguir.
|
TRES EN RAIA #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Creación de xogos tres en raia dende cero. Pintado de pedriñas a modo de insectos e posteriores partidas. Tempo de aprendizaxe e lecer!
|
CÓMICS DE TERROR #bescolaresgal #UnhaBEenViñetas #bescolaresgalabertas |
Xa podedes coller na biblioteca o "Cómic de terror" deseñado polo alumnado de tres anos a sexto de primaria. Son un conxunto de historias de medo creadas con moita imaxinación e acompañadas dunhas ilustracións fermosas. Neste ano no que o leva elixido é, UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS, que pretende poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular, dicidimos amosar unha destas posibilidades.
|
XOGOS DE MESA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Nesta ocasión Shaila e Adrián ofreceron ao alumnado de tres anos un obradoiro de xogos de mesa, cada certo tempo cambiaban de xogo e comezaban unha nova partida. Os máis pequenos da escola xa se manexan que da gusto velos! Aquí a primeira sesión.
|
AS AVOAS NA RADIO - "MÚSICA, MAESTRO" #Radionabiblio #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Hoxe podemos escoitar ás avoas: , nas Radios da vila (Onda Discalza e Experimental). As radios unidas nun proxecto común para darlle voz ás nosas xentes e documentarnos! Proxecto "Música, Maestro". Gozade da súa escoita!
|
XAVIER CARRO - "MÚSICA, MAESTRO" #Radionabiblio #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nesta ocasión temos na Radio Experimental a Xavier Carro, antigo director da Banda de gaitas Robaleira e integrante do grupo Debadoira. Documentación recadada para o proxecto "Música, Maestro". Gozade da súa escoita!
Gracias Xavier pola túa colaboración.
|
PATIO LECTURA #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Estas son desas cousas que non esperas e que te enchen de emoción, esas cabeciñas ledas e bulideiras si que escoitan o que dicimos, non sempre o poñen en práctica cando desexamos. Pero un día, e sen previo aviso, alguén salta nun puff do patio de lectura e plooofff milleiro de boliñas brancas saen polo aire, non é neve non! Ese día é de sorpresa ao ver o patio verde totalmente branco. Ao seguinte, empezan a falar, a comentar e sen saber moi ben como, aparecen espallados polas paredes papeis que poñen: "Búscase voluntariado para limpar o patio de biblioteca", cada recreo o patio atibórrase de voraces crianzas adicadas a apañar boliñas e boliñas. Vasos, pinceis, escobas... e agora ata unha aspiradora é o seu obxecto no recreo. As profes observamos e guiamos (só se o solicitan, pois isto é unha xerra de ilusión a tantas verbas que crees que caen na nada). Cando queren saben como organizarse e sacar adiante o que se propoñan. Orgullo de rapazada!!
|
ANÁFORA #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xogar coas palabras é un pracer e se podemos construír xuntos é maior. Utilizando o recurso literario da anáfora o alumnado realiza un traballo de expresión escrita en lingua galega, onde brincan coas verbas ata conseguir unha estrofa. A premisa é inspirarse en Luisa Villalta, quen era, que fixo, cales eran as súas paixóns...
Realizan o exercicio en grupos cooperativos de catro persoas, nos espazos da biblioteca escolar incluído o xardín lector.
|
A BIBLIO É MOITO MÁIS QUE LER! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
AÍ VÉN O MAIO #Radionabiblio #bibliotecacreativa #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Agradecer ao alumnado de 3 anos e ás familias que crearon o Maio.
|
PROTOTIPOS #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de quinto está deseñando o seu propio prototipo inventando unha máquina que presentarán aos compañeiros e compañeiras. Ademáis de poñerlles un nome e explicar para que serven, teñen que incluír nela unha panca, un plano inclinado e unha polea como mínimo. Desexados ver os proxectos finalizados!
|
XERMINACIÓN CON SEMENTES DA ESCOLA #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Continuando co proxecto das plantas que o alumnado de quinto comezou no primeiro trimestre, no que traballaron diferentes modos de xerminación. No Samaín plantaron as sementes secas e posteriormente hidratada e aquí teñen as súas primeiras flores. Despois de seguir os procesos do método científico, agora comezan a analizar os datos e sacar conclusións.
|
DESDE CÓRDOBA A SEVILLA - MARI LUZ LORENZO #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Mari Luz Lorenzo amosounos unha morea de cancións e xogos que foron transmitidos de xeito oral de avos/as a netos/as e hoxe perduran no tempo, pero cada vez están menos presentes no tempo de lecer da rapazada. Coa intención de facer que as tradicións perduren, refresquemos a memoria e poñamos en marcha música e xogo!
|
TERTULIAS DIALÓXICAS - HORA DE LER #Clubsdelectura #Horadeler #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nas tertulias dialóxicas de 2ºC están lendo "O teu corpo é teu" de Lucía Serrano, para reflexionar sobre o bo trato, coñecer o nome das partes do noso corpo e aprender a coidarnos e coidarse.
|
MOCHILAS VIAXEIRAS 5 ANOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os viaxes das mochilas viaxeiras de cinco anos están chegando ao seu fin. Seica gozaron do lindo na casa da rapazada!
|
MAIO #BibliotecaCreativa #Cedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Olivia e Ramón veñen a montar o Maio co alumnado de tres anos. As familias na escola! As tradicións sempre presentes!
|
EXPERIMENTANDO #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
BIOGRAFÍAS LUISA VILLALTA #LetrasGalegas24 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Biografías de Luisa Villalta realizadas polo alumnado de 5º. Utilizando diversos tipos de textos.
|
LECTURAS INTERNIVEIS #LecturasCompartidas #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #igualdade #bescolaresgalabertas |
|
MARI LUZ - PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Mari Luz Lorenzo amosounos dúas cancións para tocar coa pandeireta, de seguro que moitas e moitos as recordades. Coa intención de facer que as tradicións perduren, refresquemos a memoria e practiquemos en familia! Proxecto "Música, Maestro!"
|
TRABALLANDO NA HORTA #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de quinto prepara o bancal e planta sementes de melóns e cabazas.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44