Skip to main content

GRUPOS COOPERATIVOS

RIMA QUE TE RIMA #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 O alumnado de 2º nivel xúntase para afondar na poesía.

Luisa Villalta é a canle conductora, a súa inspiración leva ao

alumnado a traballar as rimas en grupos cooperativos, utilizando

a técnica do folio xiratorio. O profesorado crea material específico e

utiliza os espazos da biblioteca para documentarse e realizar a actividade.

 

 

 

 

 

 

LECTURAS COMPARTIDAS INTERNIVEIS #LecturasCompartidas #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #igualdade #bescolaresgalabertas

 

As veces só necesitamos tempo, darlles tempo.

Catro grupos cooperativos de segundo prepararon o conto

"Corre, corre cabaciña". A idea era lelo en grupo, organizarse e

preparalo nas horas de ler que necesitaran. A mestra daría

indicacións se o pedían e escoitaría a dramatización sempre

que eles o solicitasen. Cada un foi organizando, tiveron conflictos,

por suposto, uns botaron máis días resolvéndoos que outros, natural,

cada quen xestiona as emocións como sabe, pode ou o contorno llelo permite.

A mestra intercedía para solventalas cando o pedían ou notaba que era

necesario encauzalos. Pero a meirande parte do tempo, a pasaban lendo

e cada vez, aparecía máis dramatización: voces, acenos... e mil ideas para

engalanar a lectura. Estaban lendo para ser escoitados e iso non ten prezo,

é o culmen, o desexado. Aprender a ler con sentido, porque importa o que contamos.

Podedes ver as caras de felicidade, tanto dos que len, como dos que escoitan.




 Tamén un anaco dunha das lecturas que resume nuns

segundos ata onde poden chegar dándolles tempo e certa liberdade.

Parabéns rapazada!

Ao rematar, ensínanlles o obxecto que acompaña ao conto, unha casa de

cabaza con boneco e camiña incluída, todo en tecidos naturais da artesá Carmen Lorenzo.

Por suposto, para xogar!

 

 

 

 

 

PATIOS VIVOS #bibliotecainclusiva #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Unha pequena mostra dos Patios Vivos,

coincidindo coa visita dos nosos socios Erasmus Doris.

O vídeo corresponde a unha semana de temporal na que se fixo case imposible

realizalos fóra, pero a rapazada sempre axuda a resolver este tipo de impedimentos.

 

 

 

Distribuir contido