Blog de biblioteca

Preparándonos para o día do libro.

Nas próximas semanas imos celebrar o Día Internacional do Libro e dereitos de autor.

Estamos preparando un libro "viaxeiro" para facer entre todas as aulas.

Ademais queremos pedir a colaboración ás familias:

 

Obradoiro STEAM con Paola Guimeráns.

O pasado 22 de marzo, grazas ás Bibliotecas Creativas ( proxecto da Asesoría de bibliotecas escolares do que formamos parte) estivo no noso cole Paola Guimeráns, unha pioneira STEAM especialmente no relacionado cos e-textiles.

Desta volta para o alumnado de 5º e 6º que puideron disfrutar e crear guiados por Paola o seu propio "brazalete" con Leds ( e-textil) e despois con Scratch programaron un pequeno "xogo" .

Foi unha experiencia interesantísima , na que desfrutaron, aprenderon e traballaron STEAM dun xeito lúdico e moi didáctico.

Foi un auténtico pracer ter a Paola no noso centro ( que voltará para facer sendos obradoiros co alumnado de 3º e 4º de ED. Primaria)

 

 

A clase de 6º de ED. Infantil en Radio Xuve

Este trimestre o alumnado da clase de 5 anos estivo investigando moito para aprender cousas sobre o Universo: o noso planeta, o sistema solar, a vía láctea, os satélites ( artificiais e naturais) , as estrelas, as constelacións, viaxes espaciais: o primeiro animal, o primeiro home e a primeira muller que foron ao espazo... e un montón de cousas máis.

Como culminación a ese proxecto, hoxe foron a Radio Xuve a falar do que máis lles gustou de todo  o que aprenderon.

A verdade é que o fixeron xenial, aínda que os nervios fixeron acto de presenza.

Queremos darlle as grazas ao profe Javi, que estivo con nós, axudounos e guiounos no proceso. Ademais de facer a montaxe final .

Aquí tedes unha foto de toda a clase , aínda que para facer a gravación fomos en pequenos grupos.

 

E aquí vos queda o resultado:

 

 

CONMEMORANDO O DÍA DA AUGA

Dende o equipo de biblioteca fíxose unha proposta ao profesorado "especialista" que cada un deles preparase un experimento no que a AUGA fose a protagonista para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA AUGA.

 

É fundamental concienciarnos da importancia que ten a auga nas nosas vidas ( ODS)  e especialmente o número 6: promesa de que todos e todas terían auga e saneamentos xestionados de forma segura para 2030 ( Axenda 2030)

 

Para conmemorar esta data, dun xeito lúdico os 7 grupos de alumnado pasaron, acompañados polos seus titores e titoras,  polos 7 experimentos propostos polos "especialistas" do centro.

Moitas grazas a todos e todas polo esforzo e o traballo.

Resultou unha xornada moi ilustrativa e interesante.

 

Acó vos quedan unhas poucas fotos do momento:

 

AUGA, ÁRBORE E POESÍA:

Coa chegada da Primavera chegan tamén 3 datas importantes: día da auga, da árbore e da poesía.

N actividade relacionada coa Árbore ( premede para ir ao enlace) este ano tivemos axuda do C.E.E Infanta Elena de Monforte.

 

A parte relacionada coa poesía vai ir á cargo do alumnado da clase de 1º de ED. Primaria que elaboraron un orixinal  POEMA coa axuda da súa titora, Miriam para explicarnos ao resto do colexio a actividade que imos realizar para O DÍA DO LIBRO.

Deixámosvos a gravación que fixeron  do POEMA que elaboraron e van recitar  hoxe:

 

 

 

 

Posteriormente para celebrar o día da AUGA, imos ter 7 experimentos relacionados coa mesma no patio.

Cada "especialista" preparou un experimento relacionado coa auga e todas as titorías iremos pasando por eles...

 

BO DÍA DA ÁRBORE, AUGA E A POESÍA.

 

PREPARÁNDONOS PARA O DÍA DA ÁRBORE, AUGA E POESÍA

Estamos ultimando os detalles para o próximo día 21 celebrar conxuntamente os días da árbore, da auga e da poesía.

 

Pero este ano queríamos algo distinto, relacionado co día da Árbore e pedímoslle axuda ao C.E.E INFANTA ELENA  de Monforte de Lemos, xa que sabemos que "controlan" moito do tema porque teñen P.F.B de Xardinería e contan co seu propio invernadoiro...

E que mellor explicación podíamos ter que duns expertos na materia!!!! 

Dende o equipo de biblioteca do centro, coordinándose coa profe Noelia e a súa titoría ( composta por: Lidia, Joel, Hugo, Iván, José e Daniel) e  fixeron este magnífico vídeo que compartiron con nós para conmemorar o día da Árbore e ademais ensinarnos algúns dos seus coñecementos.

 

Aquí vos deixamos o vídeo que nos  preparon: 

 

MOITÍSIMAS GRAZAS EQUIPO!!!!

8M: EN FEMININO NO CONCELLO DE BOBORÁS

Baixo o lema da ONU para este 8M de 2023:  "Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero".

Dende os equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca lanzamos unha proposta co gallo do 8M : que o alumnado de 3º de ED. Primaria en adiante entrevistase a unha muller importante na súa vida (ALFIN/AMI ) 

Xa fose mediante o uso da tecnoloxía:  audio ou vídeo ou en modo "escrita" ( máis tradicional) 

Mulleres importantes nas súas vidas, e residentes en Boborás.

 

O primeiro , queremos dar as grazas a todas as mulleres que "aceptaron o reto" de seren entrevistadas, fose no formato que fose. Polo seu tempo e bo facer.

GRAZAS A TODAS.

 

Para comezar, deixámosvos aquí a entrevista que Aixa, da clase de 5º, lle fixo a súa avoa Pilar:

 

 

A continuación deixámosvos a entrevista que Aroa da clase de 3º , lle fixo á súa nai: Patricia Torres ( que é a alcaldesa do noso Concello)

 

 

Entrevista a Maica, nai de Mauro, Ángel e Daniel. 

 

 

 

Entrevista a Rosa, curmá de Mateo da clase de 5º. 

 

 

 

Entrevista a Mª del Carmen, nai de Sofía da clase de 6º

 

 

A continuación unha pequena presentación en "Canva" das entrevistas realizadas polo alumnado de 5º de ED. Primaria.

 

 

 

Deixámosvos tamén un  DOCUMENTO coas entrevistas realizadas ao xeito tradicional:  manuscritas e algunhas máis  manuscritas  ( ou "mecanografiadas") e as derradeiras entrevistas manuscritas , dende a clase de 3º de Primaria  Premede nas palabras suliñadas para poder acceder a elas. 

 

23F: DÍA DE ROSALÍA

 O pasado xoves día 23 conmemorouse o aniversario do nacemento da poetisa, tamén coñecido como o DÍA DE ROSALÍA .

No centro, ademais do traballo de aula quixemos levar os poemas da autora a todos os recunchos. 

Así: algunhas aulas escribiron poemas da autora nas fiestras de Radio Xuve, ou da Biblioteca Escolar e outras aulas o que fixeron foi plasmar e papel ou cartolina os seus poemas e colgalos das árbores, ou dalgún lugar do noso patio para compartilos.

Foi unha actividade de traballo en equipo, que fomentou a creatividade do alumnado ao mesmo que conmemoramos a esta figura tan importante da literatura galega.

 

 

 

Acó vos deixamos unhas poucas fotografías do proceso:

 

 

13F: DÍA MUNDIAL DA RADIO: MULLER E NENA NA CIENCIA

O pasado 13 de febreiro foi o día MUNDIAL DA RADIO, por este motivo o alumnado de 1º de ED. PRIMARIA e coa proximidade do 11F : DÍA MUNDIAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA elaboraron este pequeno programa de radio.

 

 

11F: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O pasado sábado 11 de febreiro conmemorouse o día da MULLER E A NENA NA CIENCIA .

No cole fixemos varias actividades relacionadas.

Por unha banda fixemos unha escolma no noso fondo de bibioteca con libros relacionados con mulleres de ciencia para que sexan conscientes da cantidade de mulleres relacionadas coa ciencia, co STEAM e TIC e TAC.

 

 

Por outra banda , e a nivel aula: cada clase escolleu a unha muller científica , investigou sobre ela e seleccionou unha serie de datos básicos sobre elas.

Para relacionalo coa tecnoloxía e a parte máis creativa, fixemos circuitos de LEDs con fío de cobre ( nalgunhas aulas a nivel individual e noutras en pequenos equipos)

Aquí tedes o exemplo da aula de 5 anos, que están facendo un proxecto sobre o Universo, escolleron a Valentina Tereshkova. Informáronse sobre ela... e este foi o resultado.

   

 

 

 

 

Distribuir contido