Blog de biblioteca

13F: DÍA MUNDIAL DA RADIO: MULLER E NENA NA CIENCIA

O pasado 13 de febreiro foi o día MUNDIAL DA RADIO, por este motivo o alumnado de 1º de ED. PRIMARIA e coa proximidade do 11F : DÍA MUNDIAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA elaboraron este pequeno programa de radio.

 

 

11F: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O pasado sábado 11 de febreiro conmemorouse o día da MULLER E A NENA NA CIENCIA .

No cole fixemos varias actividades relacionadas.

Por unha banda fixemos unha escolma no noso fondo de bibioteca con libros relacionados con mulleres de ciencia para que sexan conscientes da cantidade de mulleres relacionadas coa ciencia, co STEAM e TIC e TAC.

 

 

Por outra banda , e a nivel aula: cada clase escolleu a unha muller científica , investigou sobre ela e seleccionou unha serie de datos básicos sobre elas.

Para relacionalo coa tecnoloxía e a parte máis creativa, fixemos circuitos de LEDs con fío de cobre ( nalgunhas aulas a nivel individual e noutras en pequenos equipos)

Aquí tedes o exemplo da aula de 5 anos, que están facendo un proxecto sobre o Universo, escolleron a Valentina Tereshkova. Informáronse sobre ela... e este foi o resultado.

   

 

 

 

 

2ª REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA PARA FAMILIAS E PROFESORADO

O pasado mércores día 8 tivemos a segunda reunión do CLUBE DE LECTURA DE FAMILIAS E PROFESORADO.

Desta volta reunímonos para falar da 1ª lectura deste curso, INFAMIA de Ledicia Costas.

Foi unha reunión moi intensa, que deu lugar a un amplo debate e un intercambio de pensamentos e sobre todo falamos sobre infancia, empatía, medo, víctimas e culpabilización das mesmas.

Da importancia de que os fillos e fillas confíen sempre, e quizais a pregunta que máis saiu foi : para cando unha segunda parte de Infamia?

Gustounos moito a lectura, aínda que saiu tamén a "dureza" da historia, os paralelismos e tamén os temas de transfondo.

 

Presentamos tamén a seguinte lectura , que será "A CULPA" de María Solar ( Premio Xerais 2022) que ten unha sinopse máis que atractiva e interesante...

 

 

BOA LECTURA!! 

 

1ª REUNIÓN DOS CLUBS DE LECTURA DE ALUMNADO: 5º e 6º

O pasado mércores 25 de Xaneiro tivemos a primeira reunión dos Clubes de Lectura de Alumnado: un en 5º e outro en 6º de ED. Primaria.

 

Repetimos a primeira actividade que fixeramos o curso pasado co alumnado do Clube ( os que estaban en 6º o curso pasado) , tivemos que retrasar a reunión porque queriamos ir andando ata o Castro de Cameixa  debido á climatoloxía adversa do final do 1º trimestre.

 

Xa que este curso iniciamos o clube coa mesma lectura, coa que o fixemos o curso pasado "Baroña ou Morte" de Pepe Carreiro.

 

As titoras de 5º e 6º ademais de facer a lectura con eles e elas na "hora de ler" traballaron a nivel de aula , e investigaron sobre os Castros.

 

 

Despois de chegar e repoñer forzas, observaron a información sobre o Castro no panel informativo e fixemos os últimos metros, para atoparnos co mesmo.

Alí fixemos un xogo, falamos un pouco do libro e despois demos conta dunha boa e saudable merenda!!

 

 

 

 

1ª REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS E PROFESORADO

O pasado 19 de decembro tivemos a 1ª reunión do Clube de Lectura de "Familias e profesorado".

Este ano aumentamos o número de familias participantes, o cal anima moito a seguir adiante con esta actividade que nos resulta tan gratificante.

 

Esta primeira reunión foi un pouco para presentarnos ( especialmente as novas incorporacións) e falar de que tipo de lecturas nos gustan.

O outro punto a tratar foi a 1ª lectura para este curso: "Infamia" de Lecidia Costas. Demos unhas pequenas pinceladas, falamos da autora, do outro libro que lemos dela, co que iniciamos o curso pasado. 

 

Cada unha falou da súa "lectura de verán" as eleccións foron moi variadas , tanto en galego coma en castelán e algunhas resultáronnos moi moi intersantes.

Sin facer demasiado "spoiler" cada quen falou do argumento do libro e que foi o que máis lle gustou da historia .

 

 

 

FAMILIAS QUE CONTAN

E chegaron 2 contos máis, desta volta , Vanessa, a nai de Adrián da clase de 5 anos fíxonos un "contacontos" dobre.

Moitísimas grazas a Vanessa polo seu tempo e implicación.

 Agardamos que vos gusten tanto coma a nós!

 

En primeiro lugar, un clásico do Nadal que nunca pasa de "moda" ( e tamén unha das recomendacións lectoras de Nadal para o alumnado de ED. Infantil) "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis" 

 

 

E en segundo lugar, esta historia tan orixinal: "O principiño e Adrián".

 

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!

PROGRAMA DE RADIO PARA RADIO VOZ

O pasado venres día 16 de decembro tivemos a sorte de contar con dúas locutoras de Radio Voz dentro dun novo programa que leva a cabo a emisora en colaboración coa Asesoría de Bibliotecas Escolares e os centros  participantes no programa "Radio na Biblio" 

 

En primeiro lugar tivemos a sorte de que nos desen unha pequena "charla" sobre a radio e o seu funcionamento a todo o alumnado de ED. Primaria. 

 

 

Posteriormente o alumnado de 5º e 6º de ED. Primaria cos consellos de Antía e mais a súa compañeira fixeron a gravación dun programa de radio ( que elaboraron, ensaiaron, guionizaron e fixeron a "escaleta"  previamente) co seu asesoramento.

Aprendendo algunhas cousiñas novas.

Moitas grazas ás compañeiras de Radio Voz, e aquí vos queda o programa que foi emitido en directo , e estamos a espera de que o "colguen" no seu espazo adicado a "RADIO NA BIBLIO" na súa páxina web. 

 

 

 

Algunhas fotos do momento gravación:

 

 

 

 

CONTACONTOS POR PARTE DAS FAMILIAS: NADAL

Hoxe tivemos a visita de Ana, a nai de Antón ( da clase de 5 anos) que nos veu contar: "Cando Martiño tivo ganas de mexar a noite de Reis"  ao alumnado de ED. Infantil e 1º de ED. Primaria.

 Moitas grazas a Ana por achegarse ao cole e compartir con nós o seu tempo!!! 

 

Ademais Beatriz, a nai de Xermán , da clase de 1º de ED. Primaria fíxonos chegar dous contos moi propios do Nadal, que nos contou coa axuda do seu fillo.

Agardamos que os desfrutedes tanto coma nós.

 

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL

Aquí quedan as recomendacións lectoras, elaboradas polo profesorado do centro, para este Nadal.

Bo Nadal e boa lectura !!!

 

 

Tamén as adxuntamos en formato PDF para que as vexades con máis detalle.

Se premedes na portada do libro levaravos á súa ficha técnica. 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL : RESPOSTAS

Cando convocamos o concurso de postais de Nadal, no centro quedan as "gañadoras", e despois compartimos a creatividade do noso alumnado e as súas familias pola contorna, enviándoas a centros de "maiores"; ao Concello, a outros centros educativos, a institucións representativas, ao centro de saúde , etc etc..

 

Ás veces recibimos respostas ...

 

Aquí tedes a respostas que nos envían dende a Residencia San Antonio de Beariz.

E ademais as postais que compartimos con eles e elas, penduradas da súa árbore de Nadal. 

 

 

E este vídeo chulísimo que compartiron con nós como "agradecemento".

 

 

Distribuir contido