Skip to Content

                              

Letras Galegas

2013 Roberto Vidal Bolaño

O Día das Letras Galegas do ano 2013 está adicado a Roberto Vidal Bolaño.

"Roberto Vidal Bolaño é un dos promotores do teatro profesional en Galicia. Foi un activo defensor da normalización lingüística na escena galega. Integrante do Grupo Abrente, participou na fundación de varios grupos de teatro, participando neles como autor, director, actor, escenógrafo... sendo recoñecido o seu labor con numerosos premios literarios". 

Texto elaborado polo Seminario Galán

 

 

Cartaz sobre Valentín Paz Andrade

O alumnado de 3º ciclo realizou a webquest que elaborou o EDL do centro e como traballo final elaborou o seguinte cartaz para publicitar o Día das Letras Galegas no noso centro.

Valentín Paz Andrade

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao xornalista, escritor e poeta pontevedrés Valentín Paz Andrade.
Na seguinte imaxe interactiva atoparás ligazóns interesantes para pescudar e aprender máis sobre a súa vida e obra.

Biografía de Valentín Paz Andrade Web da Secretaría Xeral de Política Lingüística Xogo do CEIP Condesa de Fenosa Xogo do Seminario Galán Recursos da web de Norberto Vídeo informativo sobre Valentín Paz Andrade Webquest sobre Valentín Paz Andrade

Nesta ligazón atoparás máis recursos

Homenaxeados nas Letras Galegas

Neste libro electrónico reflectimos as ligazóns máis interesantes que atopamos para traballar, no aula, ao autor homenaxeado no 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Para ver estes recursos educativos premede na portada do libro.

 

 

Letras Galegas 2011

O día 16 de maio celebramos no centro o Día das Letras Galegas que este ano se adicou ao poeta monfortino Lois Pereiro. Aproveitamos esta data para facer entrega dos premios do concurso de cartaces que convocará a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística da comarca do Carballiño.

Tamén fixemos a entrega dos premios aos dous mellores lectores de cada Ciclo durante este segundo cuatrimestre.

Para finalizar realizamos unha lectura en voz alta dos cartaces gañadores do concurso que convocara a Xunta de Galiza sobre a figura de Lois Pereiro.

 

 Imaxes das actividades do Día das Letras Galegas

Cartaz sobre Uxío Novoneyra

MuralEste é o resultado do mural realizado para conmemorar o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Uxío Novoneyra.

É o resultado da webquest que realizou o equipo de biblioteca do noso centro sobre Uxío Novoneyra con alumnos do 3º ciclo.

Na parte inferior do cartaz colocouse unha escolma de poemas do homenaxeado para que sexan collidas por todos os membros da comunidade educativa, ou por visitantes do centro.

Os alumnos do 1º ciclo xa se animaron a preparar o poema de "Letanía por Galicia" e teñen pensado recitalo no Festival das Letras Galegas que realizaremos a final de curso.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut