Skip to Content

                              

Educ. documental

San Valentín

Neste traballo de educación documental reflectimos información para pescudar sobre a lenda de San Valentín.

Asemade, compilamos unha serie de recursos educativos e ligazóns que son de utilidade para traballar no aula os textos escritos en verso (poemas) e os acrósticos.

Agustín Fernández Paz

Agustín Fernández Paz  naceu en Vilalba (Lugo) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, tanto en Galicia como no resto de España. A súa formación académica abrangue a diversos campos: Perito Industrial; Mestre de Ensino; Licenciado en Ciencias da Educación; Diplomado en Lingua Galega.

Traballou como mestre máis de 30 anos en diversas etapas educativas do ensino primario e secundario.

Desde ben cedo o seu traballo centrouse en temas como a promoción da lectura, a introdución dos medios de comunicación na aula, a didáctica da lingua ou a normalización da lingua galega nos ámbitos escolar e social. Parte deste traballo xira entorno á normalización lingüística do galego no ensino.

Galegos ilustres

Manuel Chamoso LamasNeste libro iremos engadindo aqueles personaxes que tiveron, ou teñen, transcendencia na cultura galega, pero que non etiquetamos dentro do libro de escritores galegos, por abranguer a súa obra aspectos da cultura diferentes á literatura.

 

 

 

Manuel Chamoso Lamas

Manuel Chamoso Lamas (1909-1985), arqueólogo e escritor, nacido na Habana,  pero afincado en Moldes-Boborás desde moi cativo, foi un dos principais artífices da recuperación e conservación do patrimonio artístico-cultural do noso entorno. A el lle debemos as actuacións que tiveron lugar nas igrexias de Moldes, Astureses, Cameixa, Xuvencos...a recuperación dos muiños do río Arenteiro en Moldes, o casco histórico en pazos de Arenteiro...os traballos na citania de San Cibrao de Las, do castro de  Cameixa...

 

 

Celso Emilo Ferreiro

Celso Emilio Ferreiro naceu en Celanova no ano 1912. Alí estudou cos Padres Escolapios, dos que recibiu unha formación cultural moi pouco común na época. Estivo relacionado desde moi novo co movemento nacionalista e a comezos dos anos 30 afiliouse ás Mocidades Galeguistas para iniciar unha actividade política e literaria que estaría sempre marcada polo compromiso co país.

Cando estalou a guerra Celso Emilio foi obrigado a se incorporar ao exército franquista. Estivo condenado a morte e, nas catro noites que pasou na cadea até a familia conseguir o indulto, escribiu o poema "Longa noite de pedra", núcleo central do libro do mesmo título.

Finalizado o conflito, cursou Maxisterio e Dereito en Compostela. Só concluíu a primeira das carreiras, mais nunca chegou a exercer como mestre. Casou con Moraima e a parella instalouse en Pontevedra. Nesta cidade fundou en 1948 a colección Benito Soto.

Lendas do Nadal

Son moitas as lendas e crenzas que fan referencia á celebración do Nadal nas distintas partes do mundo.

Nesta sección pretendemos facer unha recopilación de moitas destas lendas sobre o Nadal.

Unidade didáctica sobre Antón Losada Diéguez

Elaboramos esta pequena Unidade Didáctica para traballar a figura de Antón Losada en todos os cursos do colexio.

Preme na imaxe para descargar a unidade didáctica en pdf

 


 

Caza do tesouro para pescudar sobre a súa vida e obra:

Hai que entrar como convidado.

Tríptico sobre Antón Losada

Elaboramos o seguinte tríptico sobre Antón Losada Diéguez para compartir con toda a comunidade educativa.

Para descargalo preme na imaxe

Danza de Xuvencos

Libro electrónicoA Danza de Xuvencos realizase cada 4 anos dentro da celebración da Festa das Mudacións no pobo de Boborás.

É unha manisfestación relixiosa, de tradición secular e orixe pagano, levada a cabo por catro parellas de solteiros e solteiras da parroquia (antigamente eran só homes, catro deles vestidos de muller) que, ataviados cunha indumentaria atípica no folclore galego, e única en Ourense, executan un conxunto de oito bailes distintos mentres acompañan á procesión en todo o seu percorrido.

Para saber un poco máis da súa historia e tradición visita as ligazóns de máis abaixo.

 

Wiki: Refraneiro Popular

Refraneiro popularO alumnado de 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria, coa axuda das súas familias, mantén esta wiki sobre o refraneiro popular galego.  Os refráns ímolos clasificando por temas.

Se premes na imaxe de xuve accederás á wiki Refraneiro Popular.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut