Benvidos á nosa web
A web do CEIP O Salvador nace coa vocación de se converter nunha canle máis de información e servizos, coa esperanza de ser de utilidade a toda a comunidade educativa.... e a todos aqueles que teñan interese en nos coñecer.
Irase actualizando, para ser eixo de traballo e punto de encontro nas distintas accións do noso centro.
Dia da Muller Traballadora
![]() |
A incorporación da muller ao traballo, aínda que axudada polos movementos feministas que empezaron a xurdir no século XIX, chegou dunha forma algo repentina, e por unha causa de forza maior: a Segunda Guerra Mundial. E é que, mentres os homes se deixaban a vida no fronte, eran as mulleres as que tiñan que seguir cos seus traballos para que a sociedade seguise sendo produtiva. Así, un gran número de mulleres, dos países aliados principalmente, deixou as tarefas do fogar e lanzouse ao mundo laboral. Con motivo da celebración do Día da Muller, o 8 de marzo, imos traballar a figura da muller no contexto social máis próximo. Para elo recabaremos información no noso entorno para reivindicar a figura daquelas mulleres traballadoras que pola súa labor destacaron dun xeito especial.
|
Navega con rumbo
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que os escolares naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos da Internet. É importante que nos mentalicemos da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.
Trátase deste xeito de responder á preocupación das familias e da comunidade educativa pola seguridade dos seus fillos e alumnos no uso das novas tecnoloxías, nomeadamente da internet. Ademais, o Plan Navega con Rumbo inclúe unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais; que poden ser descargadas dunha web específica (www.edu.xunta.es/navegaconrumbo). Esta iniciativa conta tamén cun programa de visitas aos centros escolares onde os enxeñeiros informáticos expoñen recomendacións e consellos para navegar por internet e participar nas redes sociais. Polo que se refire ás guías, que serán “de boas prácticas”, incluirán o chamado “decálogo do bo navegante” e serán distribuídos nos centros pola Consellería de Educación.
Día da Paz 2012
![]() |
O Día Escolar da Non Violencia e a Paz celébrase nas escolas de todo o mundo, o 30 de xaneiro coincidindo co aniversario da morte de Mahatma Gandhi. O seu obxectivo é promover unha educación permanente para a concordia, a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz. Para conmemoralo realizaremos diferentes actividades das que vos daremos conta nos próximos días.
Para traballar na aula de xeito transversal a Paz propoñemos as seguintes unidades didácticas: |












