Día de Rosalía de Castro

Un ano máis a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) quere impulsar o 24 de febreiro como unha data especial para todos os  galegos, ao conmemorarse o nacemento de Rosalía de Castro. Para elo propón que nesta data agasallemos cunha flor e un libro escrito en lingua galega.

 

Actividades propostas pola AELG para os centros de ensino de Educación Primaria e Infantil

 

Dende a AELG, piden a toda a comunidade educativa que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo. Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a  celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra.

O lema da proposta #RosalíaTe pode desenvolverse a través de actividades que permitan a cada alumna ou alumno converterse na Rosalía de Castro da que se sinta máis próxima/o. Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da Autora,  e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa das súa obra,  propoñemos para o venres 17 de febreiro que cada alumna/o elabore unha máscara de Rosalía de Castro. Esta “transformación” tamén pode conseguirse cun traballo de caracterización física da cara.
Esta iniciativa pretende, ademais, que unha vez feito este traballo, o alumnado o comparta coa súa familia e, particularmente, cos seus maiores (sexan familiares, veciñas e veciños…). Para isto faríanse fotos do alumnado caracterizado de Rosalía acompañado das súas persoas maiores, portando entre ambos un pequeno cartel cun verso rosaliano da escolla da alumna ou alumno.


A documentación gráfica sería subida á rede polo centro de ensino antes do 24 de febreiro, coa etiqueta #RosalíaTe

 

DESCARGAR EN PDF

 

O poema de Rosalía que escollemos na escola é o de "Adios, ríos; adios fontes". Todas as clases dende infantil ata primaria traballarán estos días preivos esta obra de Rosalía e recitarán algún fragmento cunha máscara de Rosalía coloreada por eles mesmos.

 

 

DESCARGAR MÁSCARA EN PDF

 

Foron moitas as voces que cantaron a Rosalía pero ningunha soubo cantala con tanta forza e sentimento como o fixo Amancio Prada. Escoitar a este cantautor pode ser un bo recurso para que o alumnado se vaia familiarizando ca letra do poema.