O entroido

 

O entroido xa está preto e seguramente moitos de vós xa teñades preparado o disfraz. Como sabedes, aproveitando o tema interdisciplinar deste ano, xirará en torno a películas e series de televisión que marcaron a década dos anos 70, porque xa sabedes que o noso colexio naceu aló polo ano 1977 e celebramos o seu corenta aniversario.

Pero dende o EDLG queríamos tamén que souberades algo máis sobre as orixes desta festa tan arraigada en Galicia. Para Vicente Risco son "días nos que está permitido o que non está o resto do ano, nos que se poden facer cousas que fora deste tempo estarían moi mal vistas. O Entroido representa certo aspecto do "mundo ao revés", no que os roles invírtense, as costumes reláxanse e un pode rirse de todo, dos que nos gobernan e incluso de nós mesmos por aturalos.

Vexamos que nos dí ao respecto Antón Fraguas:

"Interprétase o significado do carnaval en Galicia, coñecido co nome de "Antroido" ou "Entroido”, no sentido de "fartazgo": o verbo "entroidar" emprégase para expresar unha indixestión por comer demasiado.

Certo é que un dos rituais do entroido xira en torno á comida: "Una gastronomía especial que (...) tiene como punto de partida la idea de fertilidad y abundancia (...y) se surte de determinados productos (...) por encontrarse (en esta época) en su punto" (la carne de cerdo) , así como postres caseros, acompañados con vino del país, aguardientes y licores caseros). El elemento principal de los ritos gastronómicos del carnaval es la carne (...).(...) la propia palabra «carnaval» (...) comenzó a utilizarse en el siglo XV y (...) procede de los vocablos «carne» y «levare» que significa deixar a carne. Este significado fai rereferencia á época na que a xente podía comer carne antes de comezar un periodo de 40 días de abstención, coñecido polos católicos coma cuaresma.

Existen outras hipótesis interpretativas sobre a orixe etimolóxica da palabra. Así, hai quen a fai derivar de certas festividades ou batallas navais ("Cursus navalis"), ou do vocablo latino “introitum” (inicio, comezo...) apostando por un significado de "entrada na Cuaresma".