DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O día 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas no CEIP O Salvador. 

En colaboración co Concello de A Pastoriza organizamos unha sesión de contacontos a cargo de Fátima Fernández e unha conferencia de Ricardo Polín sobre "Árbores históricas na memoria da Chaira" no salón de actos da Casa de Cultura do Concello. Acompañáronnos os nenos e nenas do Colexio de Bretoña.

Despois na biblioteca do noso centro o alumnado de quinto e sexto explicáronnos a vida e obra de Carlos Casares; os máis pequenos fixeron un vídeo baseado no libro do autor "A galiña azul" e os maiores remataron o acto cun pequeno vídeo sobre dicionario deportivo en galego.