Día Universal da Infancia.

O luns 20 de novembro celebramos no noso colexio o día universal da infancia. Entre os diferentes actos que fixemos foi a elaboración e visionado dun vídeo realizado por todo o alumnado e dirixido polo mestre Manuel Neira Otero. Tamén neste acto, realizado na biblioteca do centro, o alumnado de quinto curso explicounos o por que deste día e os dereitos dos nenos e as nenas.

Se queredes ver o vídeo está colgado na nosa canle de youtube ceiposalvador.