Biblioteca

4ª sesión do club de lectura "Xa non son malo".

Nesta 4ª sesión dialogamos sobre o lido e estivemos investigando sobre as árbores que pode haber nun bosque e no noso patio. Preparámonos coas botas e os chuvasqueiros a alá fumos a observar o noso medio! Todas as follas das árbores son iguais? Como se chamarán? Fixemos unha colleita de follas e ao chegar a clase investigamos coa axuda do libro Este es mi planeta Árbores, prensamos as follas recollidas para facer máis adiante un herbario e preparamos unha gran lupa (baseada nunha lupa de trazos_class) con cartón, cartolina, cola e pinturas.

 

3ª sesión do club de lectura "Xa non son malo".

Nesta 3ª sesión seguimos falando da lectura que fixemos ata o día de hoxe e estivemos sementando petunias, ademais de traballar cun "poema lobeiro" do libro O libro dos bicos.

Libros para as familias!

Familias! Lembrade que podedes visitar a nosa biblioteca de 9.15 a 10.00 h os martes e mércores e coller libros en préstamo para vós e para os/as vosos/as cativos/as. Algúns dos libros que podedes atopar para vós son estes:

 

1ª sesión do club de lectura "Xa non son malo".

Nesta 1ª sesión falamos da lectura que levamos feito ata agora e coñecemos os protagonistas! Incluso estivemos investigando un pouco sobre o pasado do lobo.

Comeza o club de lectura en Educación Infantil!

En Educación Infantil arrancan co club de lectura do libro Xa non son malo. Grazas a colaboración das familias podemos desenvolver esta actividade tan enriquecedora!

"A froita".

Aquí temos a poesía "A froita" coa que o alumnado de 2º de Educación Primaria estivo traballando nos últimos días.

Obradoiro de cociña

Hoxe, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, tivo un obradoiro de cociña, no que preparou o seu petisco de media mañá. Tocou facer biscoito de iogur! Saíron regular, pero estaban de ricos... 

Mesmos ingredientes, diferentes formas de facer, obtivemos uns ricos biscoitos que degustamos na hora de lecer.

Como di o conto de COCORICO: Picotí, picotá! Ai que rico está (ou estaba)!!!

Non quedou nin unha migalla!

 

Powered by Drupal - Design by artinet