Skip to Content

Complementarias

Visita do Profe "XULIO"

Como remate do noso traballo de investigación o profe Xulio volvru s visitarnos para contarnos historias sobre o comenzo da construcción do noso patio, e poder facerlle unha pequena entrevista.

O Piñeiriño Naturalmente na Rúa

Un ano máis o noso PDI " O Piñeiriño, naturalmente" saiu as rúas para compartir coas familias e a xente da vila. Co axuda do concello tivemos unha xornada na Praza de Galicia con xogos, sementes e baile. Si picades na imaxe podedes ver o video.

ENTROIDO NO PIÑEIRIÑO, NATURALMENTE

24/02/2017 00:00
Europe/Madrid

Chámome PAZ

Hoxe celebramos no colexio o DIA DA NON VIOLENCIA E A PAZ, fixemos diferentes actividades como bailar, cantar, texer e tamén escoitar un conto adaptado o galego polas voces dos nosos compañeiros. Para que todos o disfrutemos aquí vós deixamos o enlace, pincha na imaxe.

 

Dia da non Violencia e a Paz

Como  sabedes o vindeiro luns 30 de Xaneiro imos celebrar no cole o Día da Paz e ademais das actividades programadas para esa data, ao longo da semana imos elaborar un mural informativo dando resposta ás preguntas que podedes atopar neste pequeno vídeo. Gustaríanos que participarades con nós buscando as respostas correctas e mandándoas ao correo da nosa biblioteca co voso nome.

Email: leluchabiblio@gmail .com

Nós imprimirémolas e colocarémolas no mural que estará situado no vestíbulo do cole e que podedes  pasar a visitar.

 

Moitas grazas .

 

PINCHA NA IMAXE PARA VER O VIDEO

FELICES FESTAS

  

                                         Pica na imaxe para ver a gravación.

 

 

2º Xornada de convivencia CON ELES

16/12/2016 00:00
Europe/Madrid

O próximo venres 16 de Decembro celebraremos a 2º xornada de convivencia con integrantes da asociación CON ELES ( centro de día para atención de persoas maiores con discapacidade psíquica). Temos preparada unha xornada de contos, bailes, cancións, manualidades e como non unha boa merenda, que elaboraremos entre todos na nosa cociña.

      Esperamos que entre todos pasemos unha boa xornada de convivencia e aprendizaxe.

ONG " A.I.R.E."

MAÑÁ VENRES 9 DE DECEMBRO VISITARÁN O NOSO COLE TRES MEMBROS DA ONG " A.I.R.E."

Na súa visita compartirán con todos nós a situación que viven un gran número de nenos e nenas sirios, que pasan os seus días nun campo de refuxiados sen mais equipaxe que o seu sorriso e as ganas de vivir.

Magosto 2016

 O venres 11 de Novembro celebramos no colexio o Magosto Coa axuda das nosas castañeiras ( Chus e Ana), degustamos unhas catañas asadas en compañía de todolos nenos/as  e mestres do cole. Trala merenda xogamos a diferentes xogos populares e desfrutamos dunha divertida e otoñal mañán.

Entroido 2016

Xa chegou!!! Xa está aquí!! Este ano ben cediño, así que todo o mundo preparado. Aquí vos deixamos o díptico coas actividades desta semana de entroido que adicamos aos científicos e investigadores de todo o mundo e coa letra da canción. Lembrade que a música coa que imos cantar é a de "Bajo el mismo sol" de Alvaro Soler e Jennifer López... xa todos e todas a sabemos e o baile tamén, non vos esquezades...

Distribuir contido


by Dr. Radut