Skip to Content

Libros de texto

Fondo libros

Libros de texto curso 2023/24

Ollo!

Actualización do listado de libros de texto para o curso 2023/24. Non mercalos ata falar co titor/a do voso fillo/a e os especialistas

(PDF Adxunto)

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2022 2023

 NOTA IMPORTANTE:

LEMBRADE NON ADQUIRIR OS LIBROS DE TEXTO ATA O MES DE SETEMBRO, AGARDANDO INSTRUCIÓNS DAS TITORAS/ES.

EN 1º E 2º HOUBO MODIFICACIÓNS.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

Dende o día 19 de maio ata o día 22 de xuño de 2022 está aberto o prazo para a solicitude de axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan  axudas para adquirir libros de texto e material esiolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ed. secundaria obrigatoria e ed. especial en centros docentes sostidos con fondos  públicos para o curso esiolar 2022/2023 (código  de proiedemeóto ED330B) (Diario Ofcial de Galicia do 18 de maio de 2022).

A solicitude pódese presentar:

- PREFERENTEMENTE NA SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia. Cubriranse as solicitudes na aplicación Fondolibros . Unha vez cuberto e gardado correctamente o formulario de solicitude tedes dúas opcións: podedes presentala telemáticamente na SEDE ELECTRÓNICA ou no centro. Se clicades AQUÍ  teredes o manual de uso dos cidadáns para cubrir na plataforma.

- No centro: traerase o formulario cuberto a man coa documentación necesaria no horario de secretaría de 13:45h a 14:20h. Excepto o mércores día 22/06 que o horario será de 12:00h a 12:30h.

INSTRUCCIONS PARA CUBRIR IMPRESO DA SOLICITUDE

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

- Anexo I

Anexo II

- Copia do libro de familia.

Se a situación familiar é diferente á do libro, terá que traerse certificado ou volante de convivencia e/ou informe dos servizos sociais.

- De darse o caso, sentenza xudicial de separación/divorcio.

- No caso de discapacidade, incapacidade permanente total ou grande invalidez dalgún dos membros igual ou superior ao 33% presentarase no caso de non autorizar a consulta.

- No caso de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación presentarase documentación acreditativa.

PRAZOS

Ata o 22 de xuño entregaranse as solicitudes.

- O 4 de xullo publicarase a listaxe provisional no taboleiro do centro. Poderase reclamar nos dous días seguintes á dita publicación (5 e 6 de xullo).

- O 8 de xullo publicarase a listaxe definitiva.

RECOLLIDA DE LIBROS

Os libros prestados no presente curso entregaranse por medio dos titores/as antes do 22 de xuño de 2022.

 A entrega dos libros e vales para o curso 2022/2023 farase no inicio do vindeiro curso no mes de setembro.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO PRIMARIA CURSO 2022/2023

 NOTA IMPORTANTE:

LEMBRADE NON ADQUIRIR OS LIBROS DE TEXTO ATA O MES DE SETEMBRO, AGARDANDO INSTRUCIÓNS DAS TITORAS/ES.

 

 

Convocatoria do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar curso 2021/2022

Dende o día 21 de maio ata o día 22 de xuño de 2021 está aberto o prazo para a solicitude de axudas para adquirir libros de texto e material escolar para O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 

A solicitude pódese presentar:

- PREFERENTEMENTE Na SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia. Cubriranse as solicitudes na aplicación Fondolibros . Unha vez cuberto e gardado correctamente o formulario de solicitude tedes dúas opcións: podedes presentala telemáticamente na SEDE ELECTRÓNICA ou no centro. Se clicades aquí teredes o manual de uso dos cidadáns para cubrir na plataforma.

- No centro: traerase o formulario cuberto coa documentación necesaria no horario de secretaría de 13:45h a 14:20h.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

- Anexo I e Anexo II

- Copia do libro de familia.

Se a situación familiar é diferente á do libro, terá que traerse certificado ou volante de convivencia e/ou informe dos servizos sociais.

- De darse o caso, sentenza xudicial de separación/divorcio.

- No caso de discapacidade, incapacidade permanente total ou grande invalidez dalgún dos membros igual ou superior ao 33% presentarase no caso de non autorizar a consulta.

- No caso de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación presentarase documentación acreditativa.

PRAZOS

- Ata o 22 de xuño entregaranse as solicitudes.

- O 9 de xullo publicarase a listaxe provisional no taboleiro do centro. Poderase reclamar nos dous días seguintes á dita publicación.

- O 20 de xullo publicarase a listaxe definitiva.

RECOLLIDA DE LIBROS

Os libros prestados no presente curso entregaranse por medio dos titores/as antes do 22 de xuño de 2021.

 A entrega dos libros e cheques para o curso 2021/2022 farase no inicio do vindeiro curso no mes de setembro

LIBROS DE TEXTO 2020- 2021

FONDOLIBROS CURSO 2020-2021

ACTUALIZACIÓN 14/07/2020

XA ESTÁN PUBLICADAS AS LISTAS DEFINITIVAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL: PÓDESE ACCEDER A TRAVÉS DESTE ENLACE NA PROPIA APLICACIÓN DE FONDOLIBROS ENTRANDO COMO "CIDADÁNS" PARA VER A RESOLUCIÓN CON CHAVE365 OU CERTIFICADO DIXITAL. 

NO TABOEIRO INTERIOR DO CENTRO PUBLICARANSE AS SOLICITUDES EXCLUÍDAS E A RAZÓN POLA CAL SE EXCLÚEN, ASÍ COMO OS LIBROS CONCEDIDOS AOS CURSOS DE FONDOLIBROS (3ºEP E 4ºEP).

SE O ALUMNO/A NON APARECE NA LISTA, QUERE DICIR QUE A AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL FOI CONCEDIDA.

 

 OS VALES E LIBROS DE FONDOLIBROS ENTREGARANSE A PRIMEIRA SEMANA DO MES DE SETEMBRO.

__________________________________________

 

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2020-2021

Orde 12 de maio de 2020

PREFERENTEMENTE faranse as solicitudes de forma TELEMÁTICA a través da aplicación Fondolibros : manual para os cidadáns

SE NON TEDES CHAVE365 ou certificado dixital, TEDES QUE ACCEDER ONDE PON PRESENTACIÓN PRESENCIAL E CUBRIR ANEXO I E ANEXO II, PÓDESE CUBRIR XA ONLINE E DESPOIS IMPRIMIR OS DOCUMENTOS E FIRMALOS.

Deixamos aquí un documento adxunto con instrucións por parte do centro.

IMPORTANTE: SE UN DOS IRMÁNS VAI PARA 5º OU 6º (CURSO CON EDIXGAL) TEÑEN QUE FACERSE SOLICITUDES INDIVIDUAIS.

UNHA VEZ FEITA A SOLICITUDE, PARA ENTREGAR DOCUMENTACIÓN NO CENTRO FARASE CON CITA PREVIA chamando ao 986 50 43 66.

Lembrade que o tope máximo de renta per cápita non debe superar os 10.000€ para ter dereito a algunha das axudas

PRAZOS: DO 20 DE MAIO DE 2020 AO 19 DE XUÑO DE 2020

LISTAXE DEFINITIVA LIBROS - CURSO 19/20 (3º e 4º Educación Primaria)

Adxúntase pdf coa listaxe definitiva dos libros de texto que se lles outorgan a cada alumno para o vindeiro curso escolar 2019/2020. 

INFORMACIÓN FONDO LIBROS E AXUDAS

As listaxes provisionais de axudas de libros e materiais publicaranse o vindeiro luns 8 de xullo no taboleiro de anuncios e na páxina web.

Os cheques daranse na primeira semana de setembro, ao igual que os libros de préstamo.

Por favor, NON merquen os libros de texto ata que sexan confirmados en setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut