Skip to Content

Educación física

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

 

O pasado venres 12 de novembro os/as alumnos/as de 5º e 6º de primaria, do CEIP O PIÑEIRIÑO, participaron nunha carreira de campo a través celebrada en Catoira.

A experiencia por parte do alumnado foi moi positiva quedando con ganas de repetir para a vindeira edición!

Móvete + un ano +

 

 

 

Boas a todas e todos!

Este ano no Piñeiriño seguimos sumando. Grazas ao esforzo global de alumnos/as, mestres/as e familas do cole este ano relacionamos todos os proxectos cunha vida saudable encaminada a unha mellora da calidade en xeral da mesma. Un PDI titulado "Saborando saúde", un "Proxecta" direccionado a calidade de vida e pequenos e grandes traballos que fan posible que tanto os nenos/as como as súas familias adquiran un pensamiento crítico sobre a saúde e o benestar a través dunha dieta equilibrada, deporte activo, educación emocional e social...

Isto solo é o principio, seguiremos sumando...

Grazas a tod@s!

Móvete sumando

Este ano as mestras e mestres do Piñeiriño decidimos seguir sumando.

Démonos conta que a saúde segue a ser un tema pouco desenvolvido na sociedade en xeral.

Este ano plantexámonos incidir dunha forma amena e divertida a súa concienciación.

Iniciamos un programa incluido no Plan Proxecta. Este comezámolo co Móvete+, unha coreografía de movementos sinxelos ideados na súa maioría polo noso alumnado para poder llevalo as súas casa e facer partícipe a toda a comunidade educativa.

Este é só o inicio, seguiremos sumando...

Romería das Letras Galegas 2018

Coincidindo coa semana "Das Letras Galegas 2018" fixemos unha Romería saudable ao que lle sumamos unha andaina.

Nesta Romería saudable aproveitamos para facer xogos tradicionais, algúns con material de refugallo, bailar unha boa muñeira e xantar no medio natural coas premisas da súa conservación: respectar, xogar e limpar.

Ademais, unha grande porcentaxe de familias achegáronse a compartir este día de festa con todos nós.

O vindeiro ano repetimos!

 

romeria

Distribuir contido


by Dr. Radut