Skip to Content

Convocatoria do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar curso 2021/2022

Dende o día 21 de maio ata o día 22 de xuño de 2021 está aberto o prazo para a solicitude de axudas para adquirir libros de texto e material escolar para O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 

A solicitude pódese presentar:

- PREFERENTEMENTE Na SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia. Cubriranse as solicitudes na aplicación Fondolibros . Unha vez cuberto e gardado correctamente o formulario de solicitude tedes dúas opcións: podedes presentala telemáticamente na SEDE ELECTRÓNICA ou no centro. Se clicades aquí teredes o manual de uso dos cidadáns para cubrir na plataforma.

- No centro: traerase o formulario cuberto coa documentación necesaria no horario de secretaría de 13:45h a 14:20h.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

- Anexo I e Anexo II

- Copia do libro de familia.

Se a situación familiar é diferente á do libro, terá que traerse certificado ou volante de convivencia e/ou informe dos servizos sociais.

- De darse o caso, sentenza xudicial de separación/divorcio.

- No caso de discapacidade, incapacidade permanente total ou grande invalidez dalgún dos membros igual ou superior ao 33% presentarase no caso de non autorizar a consulta.

- No caso de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación presentarase documentación acreditativa.

PRAZOS

- Ata o 22 de xuño entregaranse as solicitudes.

- O 9 de xullo publicarase a listaxe provisional no taboleiro do centro. Poderase reclamar nos dous días seguintes á dita publicación.

- O 20 de xullo publicarase a listaxe definitiva.

RECOLLIDA DE LIBROS

Os libros prestados no presente curso entregaranse por medio dos titores/as antes do 22 de xuño de 2021.

 A entrega dos libros e cheques para o curso 2021/2022 farase no inicio do vindeiro curso no mes de setembro

AdxuntoTamaño
ANEXOS I Y II.pdf1.79 MB


story | by Dr. Radut