ORDE DO 20 DE MAIO POLA QUE SE APROBA O CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2022/2023
- Actividades lectivas:
No 2º Ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 8 de setembro de 2022 ao 21 de xuño de 2023 ambos inclusive.
- Comedor escolar:
O comedor escolar funcionará desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive
- Períodos de vacacións:
1. Nadal: desde o día 23 de decembro de 2022 ata o día 6 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.
2. Entroido: días 20,21,22 de febreiro de 2023 .
3. Semana Santa: desde o día 3 ao 10 de abril de 2023, ambos inclusive.
- Días non lectivos:
Día do Ensino: coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2022/2023 se celebrará o 31 de outubro de 2022.
Día de conveniencia pedagóxica: o 05/12/2022.