Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

Novas

IV CONGRESO EDUCODS 2030

Este ano vamos a participar no IV Congreso EducODS 2030. O obxectivo deste congreso é fomentar o papel activo do alumnado ante os desagíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual. Porque xuntos queremos concienciar e crear unha comunidade comprometida.

 

 Aquí tedes a presentación dos vídeos participantes:  

BECAS E AXUDAS para o alumnado NEAE, curso 2024-2025

Dende o pasado 30 de abril de 2024 ata o 13 de setembro de 2024, está aberto o prazo para solicitar as becas para o alumnado con Necesidade específica de apoio educaivo (NEAE). Se vas a solicitar dita Beca avisar a Alba (orientadora) antes do 21/6/2024.

A solicitude farase de modo telemático nesta ligazón

Tendes toda a información no portal de becas de educación

Que documentación traer:

- Solicitude

- Informe Gabinete

- Fotocopia de certificado de discapacidade igual ou superior ao 25 % (se ten) ou informes médicos.

- Fotocopia DNIs de todos os membros da unidade familiar

- Fotocopia da conta corrente na que conste como titular ou cotitular o neno ou nena solicitante.

É moi importante asegurarse de que consten as firmas requeridas:

- Na FOLLA 1 para autorizar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) a facilitar os datos económicos ás administracións educativas.

- no apartado A CUMPRIMENTAR POR TODOS/AS OS/AS SOLICITANTES por parte do pai/nai/titor, e no seu caso, o resto de membros maiores de idade da unidade familiar (TODOS TEÑEN QUE ASINAR).

Que axudas se convocan:

A) Axudas directas para os alumnos, incluindo ao alumnado TDAH (Trastorno por déficil  de atención e hiperactividade), derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conducta ou trastornos graves de comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.

B) Alumnado con Trastorno de espectro autista (TEA)

C) Discapacidade ou trastornos graves de conducta ou trastornos graves e comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais para familias numerosas.

D) Alumnado con Altas capacidades

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE ADMITIDOS

 Publicadas as listaxes de estado de admitidos para o vindeiro curso 2024/2025 no taboleiro do centro e de acordo coa ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C),

dende hoxe, 25 de abril de 2024, xa poden consultar coa CHAVE 365, facendo click no seguinte enlace:

admisionalumnado

 

Poderán formular reclamación, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguintes desta publicación, ante o consello escolar deste centro.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025

Deixamos, para o voso coñecemento, un cadro onde se resumen as distintas fases e datas do proceso de escolarización para o curso 2024-2025. Ante calquera dúbida, contactar connosco ( 886 110 741). Facede " clic" na imaxe para acceder ao documento completo. Moitas grazas

 ANPE informa. Proceso de ESCOLARIZACIÓN | Noticia -

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

PROCEDEMENTO

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

SEDE ELECTRÓNICA

Para a presentación presencial deberá entregar a documentación correspondente na secretaría do centro (luns a venres de 9:00 a 9:50)

 

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Anexo I e II (Pode descargarse abaixo).
  • Copia do libro de familia ou documentación equivalente, onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.*
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. 
  • Certificado de discapacidade 
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero de ser o caso.

*  Excepcionalmente, cando NON sexa posible facelo polos medios anteriores, poderase  acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

  • Certificado ou volante de convivencia. (Non se considera válido o certificado de empadronamento).
  • Informe dos Servicios Sociais ou do órgano equivalente do Concello onde reside a familia.

 

DOCUMENTACIÓN DESCARGA
Orde do 07 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto.
Nota informativa para as familias
Impreso de solicitude (anexos I e II)

 

PRAZOS

 Presentación de solicitudes: do 21 de maio ao 21 de xuño.

Publicación da listaxe provisional:  27 de xuño.

Reclamacións:  28 de xuño e 1 de xullo.

Publicación da listaxe definitiva:  de xullo.

  Por protección de datos as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio.

Toda esta información pode atoparse en:

FONDOLIBROS 

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
by Dr. Radut