BiblioAct 14-15


Proxecto interdisciplinar: ¿Que sabes da túa cidade?
  4º EI A alameda: orixe, especies arbóreas, deseño, uso, mantemento, historia, coidado e embelecemento,…
  5º EI Santiago e a auga.  As fontes e os lavadoiros. As gárgolas
  6º EI Mercado e praza de abastos: Función, deseño, uso actual, produtos de comercialización, prezos, o pequeno produtor fronte ás grandes superficies comerciais,…
  1º EP A Alameda: orixe, especies arbóreas, deseño, uso, mantemento, historia, coidado e embelecemento,…
  2º EP Historias e lendas: acerca da orixe da cidade, do apóstolo, personaxes …
 

3º EP

4º EP

Santiago, cidade medieval: orixe da cidade, características dunha cidade na idade media, economía, organización, arquitectura, oficios, Noia porto de Compostela, Padrón como ruta do apóstolo, …  A catedral: como se construíu, estilo, peculiaridades, o botafumeiro,…
A xeografía: Os ríos, Sar e Sarela: percorrido, ubicación, nacemento, ecosistema, contaminación, recuperación… os montes…
  5º EP A Alameda: orixe, especies arbóreas, deseño, uso, mantemento, historia, coidado e embelecemento,…
  6º EP Santiago, cidade medieval: orixe da cidade, características dunha cidade na idade media, economía, organización, arquitectura, oficios, Noia porto de Compostela, Padrón como ruta do apóstolo, …  A catedral: como se construíu, estilo, peculiaridades, o botafumeiro,… Prazas e fontes: número, ubicación, función, canalización, forma, peculiaridades,…

 

 

Este curso volveremos a por en marcha entre o alumnado de primaria un carné que nos permite facer o seguimento das lecturas que se realizan.

Neste carné serán anotados os libros que son retirados da biblioteca, de tal xeito que as lecturas abrangan todas as seccións do tramo de idade respectivo (6 a 8 anos; e 9 a 11 anos).

A bibliotecaria porá un selo, co carimbo do colexio, na parte posterior do carné no espazo reservado á CDU do libro retirado.

As lecturas, que deberán ser equilibradas galego/castelán recibirán un selo de cor diferente segundo o idioma da lectura (galego=selo azul; castelán=selo vermello)


   

O CEIP Pío XII ten renovada a súa participación no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares en Centros Públicos non Universitarios, tal e como recolle a Orde da Consellería de Educación do 1 de setembro.

Este Plan plurianual permítenos incrementar o orzamento anual da biblioteca para o curso 2014-2015:

 

FONDOS

EQUIPOS

MOBILIARIO

FUNCIONAMENTO

TOTAL

 1.200€

     

1.200