Biblioact 15-16


3º TRIMESTRE

  PRIMEIROS LECTORES

Escucha y busca a los animales.
Ed. Bruño
Pulsa os botóns, escoita os sons dos animaliños e búscaos en cada páxina! Unha proposta de xogo interactivo para estimular a aprendizaxe temperá do neno, que aprenderá a recoñecer os sons e asocialos a unha imaxe, e memorizaraos de forma fácil e divertida.

El verano de Buni. Janet Sacks.
Ed. Bruño
A coelliña Buni axúdanos a descubrir.

O cociñeiro Martiño.
Xerais.
No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa.
 
LECTORES EN MARCHA

Marcopola 4. Avoa power. Jacobo Fernández Serrano. Xerais.
O temible ladrón Blake the Tiger anda facendo das súas na Costa das Patacas. Alí chegan Marcopola, Libro e Dragoneta para axudar a Seara, a avoa de Libro, a resolver a desfeita. Seara, como todas as avoas, é quen de facer cousas incribles, mais só ela é coñecida na vila como Avoa Power. Por que será?

La Peor bruja y el peor hechizo.
Ed. Bruño.
Comeza o seu segundo ano na Academia para Bruxas da señorita Cackle, e Mildred ten a intención de perder a vergoñosa fama de ser a peor alumna en toda a historia desa famosa escola máxica. Pero, como sempre, os seus plans se tuercen rapidamente?

Pinto & Chinto. Cámbiache o conto!. Xerais.
Pinto & Chinto ofrécennos a súa peculiar versión dos contos clásicos de
autores como Andersen, Perrault ou os irmáns Grimm e danlle unha reviravolta á súa maneira a O frautista de Hamelín, a Carrapuchiña Vermella, a Cincenta e moitos outros, poñéndonos un sorriso nos beizos.

LECTORES AUTÓNOMOS

A volta á Galia de Astérix.  Goscinny. Xerais
Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos… Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. Nesta ocasión, por mor dunha aposta, os nosos heroes deben percorrer a Galia e regresar cunha especialidade culinaria de cada rexión. Conseguirano?

¡Más y más agua!. Colección: El colegio de los animales mágicos”.
Ed. Edelvives.
É verán e os alumnos da clase de miss Cornfield chapotean na auga xunto aos seus animais máxicos. Pero non todos gozan: Hatice cre que nunca pasará o exame de natación, e Henry fuxiuse de casa e ten que sobrevivir só no bosque.

O Aprendiz de bruxo e Os Invisibles. Jordi sierra i Fabra. Ed. Edebé.
Mortimer ten doce anos. Traballa para o profesor Haggath, que é bruxo, aínda que moi poucos saben da súa verdadeira profesión, xa que se non, probablemente, acabaría na fogueira. Haggath está preparando unha poción moi difícil. Así que a remata, encárgalle a Mortimer que a leve ao cemiterio. Lémbralle que non se pode derramar nin unha pinga. Se unha soa pinga cae noutro lugar, podería desencadear un feito.
2º TRIMESTRE

 

1º TRIMESTRE
RECOMENDAMOS

 

LEMBRAMOS A


 

 

XOSÉ NEIRA VILAS

Naceu en Gres, Pontevedra, en 1928. Emigrou a Arxentina en 1949, onde fixo a carreira de Xornalismo. Casou coa escritora cubana, de ascendencia galega, Anisia Miranda, en 1957. Xuntos fundaron ese mesmo ano “Follas Novas”, editorial e distribuidora do libro galego no continente americano.
Colaborou na prensa galega de Buenos Aires e publicou nesa cidade o poemario Dende lonxe, en 1960, e a novela Memorias dun neno labrego,en 1961, ano en que Neira e Anisia van vivir a Cuba. Alí funda é dirixe a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística. Desempeña diversos traballos na administración, colabora na prensa, e exerce durante seis anos a xefatura de redacción da revista infantil Zunzún. Dende 1992 residiu na súa parroquia natal, onde preside a Fundación que leva o seu nome.
Foi membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas universidades da Coruña e da Habana, e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces.
Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o Premio Trasalba, Premio da Crítica Española (novela en galego) e Premio da Crítica Galega (ensaio).

XOSE CHAO REGO
Nacido en Vilalba, Xosé Chao Rego licenciouse en Filosofía en Salamanca e continuou a súa formación teolóxica en Roma.
Socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Chao Rego é autor de decenas de obras de ensaio e pensamento teolóxico e sobre temas culturais e sociais en xeral, desde un enfoque cristián progresista. Foi articulista na Voz e referente do movemento de renovación cristiá e galeguista que promoveu a revista  «Irimia» e «Encrucillada», onde tamén publicou numerosos artigos. Recibiu distintos premios pola súa obra, entre eles os da Crítica de Ensaio e Pensamento, por «Eu renazo galego» e «O demo meridiano».
É un referente en España no ensaio sobre temas teolóxicos e antropolóxicos.