BiblioAct 10-11


 
LETRAS GALEGAS 2011

  BANZO Nº 17. LOIS PEREIRO.
AXUDANTES DE BIBLIOTECA EN HORARIO DE RECREO

 
 
 
8 DE MARZO

 

 

Con motivo do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, desde a Biblioteca en colaboración coa Responsable de Igualdade do centro, queremos propoñervos a lectura dalgúns libros nos que se reflicten as contribucións dalgunhas das moitas mulleres que ao longo da historia teñen contribuido ao coñecemento humano en áreas nas que ata o momento persiste unha pequena representación.

Recomendamos as seguintes lecturas:

Rosalía de Castro. Escolma poética / Rosalía Castro e os nenos / Hipatia, la maestra / Clara Campoamor. La sufragista / Curie la atómica / Marie Curie / Curie y la ciencia de la radiactividad /Jane Goodall la amiga de los chimpancés / Wangari y los árboles de la paz

PROXECTO DOCUMENTAL. ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES

 

BÚSCASE

A un “animaliño de rabo peludo que comía abelás, noces, landras e piñóns que agarraba coas súas mans pequerrechas”, e que decía estas palabras:

“Nin son pina nin piñón,
nin son lobo nin lobón,
nin son corvo nin corvón,
nin son sapo nin sapón”....
(A ver se sabes quen son?)

- Pois saber non sabemos pero buscar, buscaremos...

Primeira Pista
Investiga no expositor de libros da biblioteca que está a inaugurar a exposición sobre o 2011 como Ano Internacional dos Bosques!

- E só o poido atopar no expositor de libros?

Segunda pista
Nooonnn! Ademáis de atopalo dentro da biblioteca tamén o podes buscar nos seus arredores..., sobre todo se miras a través dos cristais!

- Non me vas dar algunha pista máis?

Dacordo!
Terceira pista

Direiche que o seu nome rima con Pío

- E... que fago cando saiba cal é ese animaliño?

- Pois... debuxalo! Debuxa moi crariño a este animaliño e participa no certame para elexir a súa imaxe.Cada clase deberá elexir os cinco debuxos máis representativos que pasarán a seren expostos para a elección final da que será a imaxe da nosa mascota da biblioteca para este proxecto. Xa sabes...

LE, INVESTIGA E PARTICIPA

2º TRIMESTRE. PRESTAMO DE LIBROS
 

No seguinte gráfico mostramos a evolución dos préstamos de libros desde que se volveu a abrir a biblioteca no curso 2008-2009 e se informatizou a xestión.

Neste segundo trimestre obsérvase un incremento de preto do 30% en relación ao acontecido no mesmo trimestre de cursos anteriores, que está relacionado coa posta en marcha do Plan Lector.

BANZO Nº 16. A nosa Biblioteca.

BANZO Nº 17. A nosa Biblioteca.

 

CARNÉ DE LECTURAS
 

En breve será distribuido entre o alumnado de primaria un carné que nos permitirá facer o seguimento das lecturas que se realizan.

Neste carné serán anotados os libros que son retirados da biblioteca, de tal xeito que as lecturas abrangan todas as seccións do tramo de idade respectivo (6 a 8 anos; e 9 a 11 anos).

A bibliotecaria porá un selo, co carimbo do colexio, na parte posterior do carné no espazo reservado á CDU do libro retirado.

As lecturas, que deberán ser equilibradas galego/castelán recibirán un selo de cor diferente segundo o idioma da lectura (galego=selo azul; castelán=selo vermello)

PROXECTO DOCUMENTAL. CAMIÑANDO... POLA BIBLIOTECA
 

Neste trimestre queremos, desde a biblioteca do centro, facer o noso peculiar percorrido polos libros que falan de Santiago e os seus camiños. Por iso, animámoste a que sigas as frechas amarelas e ao chegaren ao final… LEAS, INVESTIGUES E PARTICIPES. Cumprimenta o cuestionario que se achega e entregao na Biblioteca.

O camiño da nosa biblioteca

Onde vai aquel romeiro
Meu romeiro a donde irá,
Camiño de Compostela,
Non sei se alí chegará

Se queres chegar, segue a frecha… 

 

Actividades do Proxecto Documental

CONTOS POR TODAS PARTES
 

Esta actividade, dirixida ao alumnado de Educación Infantil, que se desenvolve na Biblioteca unha hora á semana en horario lectivo, vai encamiñada a fomentar a animación á lectura a través dos contos, adiviñas, poesías, cancións...

Relatar, ler, recapitular, comparar versións... axudarannos a espertar o interese pola literatura nos máis pequenos.

MELLORAS NAS INSTALACIÓNS
 

Dentro das melloras en infraestruturas, realizadas no presente curso, comezamos por unha remodelación da zona TIC, que pasa a contar con catro computadores ubicados en cabinas individuais con pantallas planas e acceso a internet. Instalamos tamán un andel para colocación de videos.

Tamén colocamos dous sofás na zona de infantil para facela máis acolledora..

BOLSAS DE BIBLIOTECA...
 

Nestes días repartiranse entre o alumnado de Educación Infantil, "bolsas de biblioteca", destinadas a protexer os libros e facilitar a súa viaxe ata as casas. Os libros comezarán a camiñar das mans das nenas e dos nenos para ver mundo e encherse de vida.

 

O CEIP Pío XII  foi seleccionado na convocatoria para o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares en Centros Públicos non Universitarios, segundo o recollido na Orde do 3 de setembro de 2010 que a resolve.

Este Plan plurianual permítenos incrementar o orzamento anual da biblioteca para o curso 2010-2011 nas seguintes cantidades:

FONDOS

EQUIPOS

MOBILIARIO

FUNCIONAMENTO

TOTAL

 3.000€

2.000€

 2.000€

325€

7.325