BiblioAct 11-12


 

BIBLIOACTIVIDADES. CURSO 2010-2011 

 Visita virtual á biblioteca / Como é e onde está  / Como atopar un libro? / Horario de apertura / Itinerarios lectores / O carné da biblioteca / Plan de actuación

AXUDANTES DE BIBLIOTECA EN HORARIO DE RECREO


 
 
CARNÉ DE LECTURAS
 

Xa foi distribuido entre o alumnado de primaria un carné que nos permite facer o seguimento das lecturas que se realizan.

Neste carné serán anotados os libros que son retirados da biblioteca, de tal xeito que as lecturas abrangan todas as seccións do tramo de idade respectivo (6 a 8 anos; e 9 a 11 anos).

A bibliotecaria porá un selo, co carimbo do colexio, na parte posterior do carné no espazo reservado á CDU do libro retirado.

As lecturas, que deberán ser equilibradas galego/castelán recibirán un selo de cor diferente segundo o idioma da lectura (galego=selo azul; castelán=selo vermello)

 

O CEIP Pío XII ten renovada a súa participación no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares en Centros Públicos non Universitarios, tal e como recolle a Orde da Consellería de Educación do 1 de setembro.

Este Plan plurianual permítenos incrementar o orzamento anual da biblioteca para o curso 2011-2012 nas seguintes cantidades:

FONDOS

EQUIPOS

MOBILIARIO

FUNCIONAMENTO

TOTAL

 1.500€

2.500€

 2.500€

300€

6.800