Come Local

 O CEIP Pobra de Brollón é un dos centros escolares participantes na IV edición da "COME LOCAL", campaña para promocionar os produtos galegos de proximidade e con indicativo de calidade, impulsada pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (@experienciasdecalidadegalicia).

Entre outras cousas, estase achegando varios produtos galegos con certificado de calidade (DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade) a cada un dos comedores para dar a oportunidade de que os nenos e nenas poidan degustar varios produtos dunha excelente calidade con orixe Galicia e cunha trazabilidade garantida.

A este centro xa chegaron as fabas da IXP Faba de Lourenzá,

eco-froita, queixo da DOP Arzúa-Ulloa, mel da IXP Mel de Galicia e máis produtos de horta ecolóxica procedentes de pequenos produtores galegos.

Outras das accións que se están a facer dentro desta campaña, é o establecemento de sinerxías con produtores galegos con certificado de calidade DOP, IXP e Ecolóxico de proximidade; axuda con ferramentas que faciliten o cálculo do gasto “escandallo”; accións formativas dirixidas a equipos de cociña, equipos directivos e estudantes; e asesoramento ao persoal de cociña sobre aprovisionamento.

#volveaComeLocal #GaliciaEtiquetaCalidade #Comelocal2023 #ExperienciasDeCalidadeGalicia #CalidadeAlimentaria #GaliciaComeLocal #Axenda2030 #ODS2 #ODS4 

#ODS8 #ODS11 #ODS12 @slowfoodcompostela