Charla do SEPRONA.

O día 25 de abril estivo con nós Roberto, un Garda Civil que traballa no Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA).

Contounos moitas cousas, desde como e por que se fundou a Garda Civil, ata cal é a súa función na sociedade tanto do corpo en xeral coma do seu servizo en particular. Ensinounos moitas cousas sobre os incendios forestais que abofé que nos servirán de moito nas nosas vidas.

Moitas grazas, Roberto.