Sesión dentro do programa EmocionaT.

O venres 26 tivemos varias sesións de traballo con todo o alumnado do colexio.

O alumnado de educación infantil traballou sobre a regulación emocional.

O alumnado de 1º e 2º de primaria sobre a empatía.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria sobre a negociación e a autoafirmación.

Estes obradoiros desenvolvéronse en colaboración con "CREADOS".