Skip to Content

A estrela dos desexos

Dende o Equipo de Dinamización de Lingua Galega este ano todas as aulas levamos a cabo, como parte das nosas celebracións na escola, unha actividade especial: A estrela dos Desexos!

Foi unha fermosa oportunidade para que o alumnado expresase os seus soños e desexos para o vindeiro ano e se fomentase neles a súa creatividade. Tiveron a oportunidade de crear unha estrela en madeira co seu desexo para o Ano Novo e colgalas todas xuntas formando unha estrela xigante na entrada do colexio.

Posteriormente fomos colocalas, como ben sabedes, á árbore dos desexos que se situaba no paseo do concello de Ponteceso.

Pasámolo xenial e con esta actividade queremos felicitarvos as festas e que todos eses desexos brilen con moita forza no ano 2024!

 



blog | by Dr. Radut