Skip to Content

Axudas adquisición de libros de texto para alumnado de Primaria e Educación Especial Curso 2013-2014

CONVOCATORIA: Orde do 30 de maio de 2013 (DOG 31 de maio) adquisición de libros de texto para alumnos de primaria e educación especial.

BENEFICIARIOS: Alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria matriculados neste Centro para o curso 2013/14 e cunha renda per capita familiar (ano 2011) igual ou inferior a 9.000 €, así como alumnado de educación especial.

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: do 3 de xuño ao 3 de xullo (ámbolos dous incluídos).

LUGAR DE RECOLLIDA E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Secretaría do Centro.

CONTÍA DAS AXUDAS:

  • Familias monoparentais:
    • Renda per capita familiar ata 6.000€: 170 €.
    • Renda per capita familiar desde 6.000, 01 ata 9.000 €: 90 €.
  • Resto das familias:
    • Renda per capita familiar ata 5.400€: 170 €.
    • Renda per capita familiar desde 5.400, 01 ata 9.000 €: 90 €
  • Educación especial ou minusvalidez do alumno = ou > 65%, 250 € en todo caso.

DOCUMENTACIÓN A APORTAR: Fotocopia do libro de familia con tódolos membros ou documento que acredite os membros da unidade familiar. Se hai algunha situación distinta (separacións, divorcio, etc..) deberá presentar, ademais, documentación xustificativa (situación familiar a 31 de decembro de 2011).

No caso de discapacidade do/a alumno/a, do solicitante ou dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude; certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%, resolución da S.S. da condición de pensionista por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou documentación acreditativa de pensionista de clases pasivas (pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente). O alumnado cunha minusvalidez igual ou superior ao 65%, só presentará certificado de minusvalidez, xunto coa solicitude.

O alumnado de EDUCACIÓN ESPECIAL, só presentará solicitude de axuda sen xuntar ninguna documentación.

CÁLCULO DA RENDA PER CAPITA:

Exercicio Fiscal 2011 das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos e sumando os recadros 455 (base imponible xeral) e a 465 (base impoñible do aforro) de cada declaración E TODO ISTO DIVIDIDO ENTRE O NÚMERO DE MEMBROS QUE COMPOÑEN A UNIDADE FAMILIAR (PAIS E FILLOS) .

RECOLLIDA DOS VALES ENTRE O DIA 8 E 19 DE XULLO NA SECRETARIA DO CENTRO

 

Poden descargar, imprimir e cubrir o Anexo 1, en dúas follas, Anexo 1-1 e Anexo 1-2

Matrícula Curso 2013-2014 para alumnado de novo ingreso

Prazo de Matrícula: 20 ao 30 de Xuño.

Lugar de recollida e entrega da documentación: Secretaría do Centro

Horario: de 9:00 a 14:00

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • 2 fotos tamaño carnet.
  • 1 fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • 1 certificado médico expedido polo facultativo (non é necesario que sexa oficial)

 

Poden descargar o Impreso para imprimir, cubrir premendo aquí. Logo entregar na Secretaría do Centro.

Letras Galegas - O arco da vella - Infantil 3 anos

O poema de Manuel María, O arco da vella, soa así nas voces do alumnado de Infantil de 3 anos.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Letras Galegas - O barco - Infantil 4 anos

Manuel María escribiu un poema titulado O barco. O alumnado de Infantil de 4 anos recítao así...

sentímolo, flash non está dispoñible.

Letras Galegas - Galicia - Infantil 5 anos

O poema Galicia, de Manuel María, soa así nas voces do alumnado de Infantil de 5 anos.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut