LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS NO FONDO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

16/07/2019
Europe/Madrid

Mediante a presente publícase a listaxe definitiva de admitidos no fondo de libros de texto e axudas para adquisición de material. Os vales para as axudas poderán ser recollidos na dirección do centro os días 2 e 3 de setembro en horario de 10 a 12:00h. Os libros que lle correspondan a cada alumno/a serán entregados polos titores/as ao inicio de curso. 

 

DOCUMENTOS PARA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2019/2020

RECIBIREMOS SOLICITUDES EN HORARIO DE MAÑÁ (09:30H - 14:00H) ATA O VENRES 28 DE XUÑO ÁS 12:00H.

PÓDESE DESCARGAR OS IMPRESOS MÁIS ABAIXO EN ADXUNTOS.

 

FESTIVAL FIN DE CURSO

21/06/2019 10:00
21/06/2019 19:00
Europe/Madrid

Debido á chuvia que caeu estos días, o festival de final de curso vaise celebrar no patio do noso colexio. 

-  Toda a comunidade educativa está convidada a asistir. 

-  Empezaremos ás 10:00h., e remataremos ás 13:00h., xa que para ese día aprobouse unha redución de xornada. 

-  HABERÁ SERVIZO DE TRANSPORTE COMA NOUTRAS OCASIÓNS, CO SEGUINTE HORARIO:

  • ENTRADA: estar na parada correspondente 15 minutos antes das 10:00h. 
  • SAÍDA: o alunado que queira facer uso do autobús ao rematar o festival (13:00h.) para volver a calquera das paradas asignadas, deberá avisarlle aos titores, mañá xoves, mediante unha nota na axenda. Tamén poden chamar ao centro. (881880533)

-  O COMEDOR ESCOLAR FUNCIONARÁ, DENDE AS 13:00 ATA AS 15:00 (o alumnado que ese día faga uso do comedor, irá a comer ao remate do festival e deberá ser recollido antes das 15:00).

-  OS/AS USUARIAS DE COMEDOR QUE NON FAGAN USO DO SERVIZO ESE DÍA OU QUE VAIAN QUEDAR A COMER COA ANPA, SE AÍNDA NON AVISARON, QUE POR FAVOR, AVISEN PARA CANCELAR A COMIDA. 

 

COMIDA E FESTA NO PATIO DO COLEXIO.


Ao remate do festival (13:00h.), imos ter pizza gratis, a cargo da ANPA ALÉN, para todo o alumnado que queira quedar a comer. A continuación, terá lugar unha festa, organizada pola ANPA, con xogos e animadores/as. 

Esta festa será ata as 19:00h. Durante ese horario, o alumnado estará a cargo da ANPA. 

 

Grazas a todas as familias pola colaboración e por facilitarnos a coordinación. Agardamos que desfrutedes moito do festival. Vémonos o venres!!

URXENTE: ENTREGA DE SOLICITUDES DE COMEDOR.

19/06/2019 13:56
26/06/2019 13:56
Europe/Madrid

É importante que entreguedes canto antes as solicitudes de comedor para o vindeiro curso: só contaremos con corenta prazas. Ollade nota nos ficheiros adxuntos. 

LIBROS DE TEXTO 2019/2020

Achégase a lista de libros de texto para o vindeiro curso.

 

 

SAÍDA EN BARCO

11/06/2019 11:35
Europe/Madrid

O vindeiro xoves, 13 de xuño, realizaremos a saída en barco que tivera que ser suspendida a semana pasada por mal tempo. 

-  Todo o alumnado entrará, como usualmente, ás 09:15h. no colexio, e dende aquí sairemos, camiñando, ata o peirao.

-  A primeira tanda de alumnado (Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria), embarcará no peirao de Corcubión ás 10:00h.

-  A segunda tanda de alumnado (3º, 4º, 5º e 6º) embarcarán no mesmo lugar ás 11:30h. 

 

Os pais/nais que nos acompañen deben estar no peirao á hora de embarque do seu grupo correspondente. 

A ter en conta:

  • Traer merenda. 
  • Roupa cómoda e unha gorra. 
  • Botar crema solar. 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E DE MATERIAL ESCOLAR

No DOG do 20 de maio saiu publicada a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.

 

1. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: Destinado ao alumnado de 3º, 4º,5º e 6º de Primaria e ESO

2. AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO: Destinado ao alumnado de 1º e 2º de Primaria. Para rendas per cápita do ano 2017 inferiores a 9.000 €.

3. AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: Destinado ao alumnado de 1º, 2º, 3º 4º, 5º e 6º  Primaria e ESO.  Para rendas per cápita do ano 2017 inferiores a 5.400 €.

 

As solicitudes hai que presentalas no centro no que estea admitido o alumnado para o curso 19/20. Presentarase unha única solicitude para todos os irmáns matriculados no mesmo centro. Tamén se poden presentar por vía electrónica. 

Prazo de presentación das solicitudes: ata 21 de xuño

Para ser beneficiario do fondo é das axudas para libros de texto e material escolar é condición INDISPENSABLE,

DEVOLVER OS LIBROS DE TEXTO RECIBIDOS DO FONDO SOLIDARIO (3º e 4º de Primaria) neste curso 17/18.

 

 

NOVAS ATRASADAS: CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER

Non puideramos publicar, ata o dagora, as actividades que, con motivo da conmemoración do "Día da Muller", se fixeran no noso centro educativo durante o mes de febreiro e ata o 8 de marzo. 

Todo o alumnado realizou actividades de aula en relación á temática pertinente a ese día. Ademáis disto, o Concello de Corcubión, dende a Consellería de Muller e Igualdade, organizaron diversas actividades no noso CEIP:

Por un lado, os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º e 2º, recibiron a visita dunha contacontos, Pamela, que nos contou a historia dunha muller camioneira e dunha rapaza que quería ser mariñeira e non lle deixaban. Entre tódolos alumnos e alumnas destas etapas, elaboraron uns cadros con barcos, co significado de que cada quen, independentemente do seu sexo, debe tomar o seu timón, e debemos ir todos no mesmo mar, na mesma dirección (ou non), pero cada un marcando o rumbo do noso propio barco. 

Por outra banda, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, participaron nuns obradoirose nun concurso de redacción sobre "AS NOSAS AVOAS". 

Os e as discentes premiadas no concurso de redacción foron os seguintes:

3º - Helio Buschmann Bella

4º - Irene Rojo Meijide

5º - Candela Fernández Pedreira

6º - Francisco José Garea Fernández. 

Ademáis, houbo unha mención honorífica para algún alumnado de 4º nivel: Ania Vieites Figueiras, Lucía Canosa Lestón, Tomás Pazos Gómez e Martín Cernadas Gómez. 

Agardamos seguir fomentando conciencia e respecto pola igualdade en comuñón coa nosa comunidade educativa. Grazas pola colaboración de todos e todas. 

 

AVALIACIÓN EXTERNA PARA 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

28/05/2019 09:15
29/05/2019 14:15
Europe/Madrid

Veñen de publicarse as instrucións para realizar a avaliación externa de 3º de Educación Primaria. Este ano terá carácter censal. Está previsto que se realice os días 28 e 29 de maio do presente ano. Xúntase o enlace coas instrucións.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/27682

 

Sobre a avaliación externa de 6º, sabemos que dende a Consellería escolleron a algúns centros (entre os cales, de momento, non está o noso) para realizala a modo estatístico. 

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO.

Aínda que o día do libro foi oficialmente o pasado 23 de abril, no noso colexio, por organización, foi celebrado onte, venres 26. 

 

Como xa vén facéndose tradicionalmente, as crianzas, mestras e familias usuarias da Escola Infantil Municipal do concello honráronnos coa súa visita, viñeron coñecer o colexio (para que os cativos e cativas se vaian familiarizando), e participaron da nosa celebración. 

Tódolos anos, no día do libro, o alumnado de 4º, 5º e 6º cursos amadriñan, por parellas, a tódolos máis cativos e cativas. Así, os padriños e madriñas, por parellas, escollen un conto para logo, no patio, durante a última sesión do día, lérllelo aos seus afillados e afilladas. 

Da gusto ver a atención coa que as crianzas máis pequenas atenden aos relatos dos maiores. É unha xornada de convivencia, amizade, e grande satisfacción para nós. 

 

Queremos agradecer a asistencia e permanente colaboración e disposición das nosas compañeiras da Escola Infantil Municipal. Esperamos celebrar moitas máis!!

 

Publícanse as fotos nos arquivos adxuntos. (Cada grupo de nenos foi numerado para saber onde van aparecer, de modo que nos grupos numéricos como 5, 5.1, 5.2, etc, aparece o mesmo alumnado). 

Distribuir contido