O CEIP PRAIA DE QUENXE EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os pasados xoves 22 e venres 23 de novembro, no noso centro tiveron lugar diversas actividades de concienciación contra a violencia de xénero:

Entre os dous días, todo o alumnado asistiu a un obradoiro no que se lles realizou a lectura de dous contos relacionados co tema. Unha das historias versaba sobre unha nena que quería ir soa, en barco, á lobeira. A xente dicíalle que precisaba de ter un mozo para levala... pero chegamos á conclusión de que todos e todas somos capaces de navegar sós, e a rapaza rematou vivindo nas illas...

Para complementar as historias, todos e todas elaboramos uns barquiños de papel, e cada barco leva a foto de un de nós. Quedaron preciosos!! Publicaremos as fotos cando volten xa enmarcados. 

O venres, ás 13:15, tamén nos reunimos todo o colexio para ver uns videos sobre o tema, e puxemos camisetas, pulseiras e chapas con mensaxe.

Todo o persoal do colexio queremos berrar ben forte: VIOLENCIA, CERO!  

 

Adxunto nos arquivos, publicamos algunhas fotos dos diversos eventos. 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO FONDO DE LIBROS DE TEXTO E DE AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR.

Xúntase Listaxe DEFINITIVA de admitidos e excluídos no fondo de libros de texto e Listaxe de vales para libros de texto e material escolar para o curso 2018/2019. Os libros de texto serán entregados ao alumnado por parte dos titores a inicios do vinderio curso. Os vales de libros e material escolar poderán ser recollidos polas familias na dirección do centro os días 3 e 4 de setembro en horario de 9 a 10:30h.  

 

Resultado de imagen de libro de texto                                                     Resultado de imagen de material escolar          

SAÍDA AO MONTE PARA OBSERVAR FLORA AUTÓCTONA

O vindeiro xoves, 14 de xuño, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria realizará unha actividade de saída ao monte, nun roteiro que rematará en San Pedro de Redonda, para realizar un recoñecemento de especies de prantas autóctonas. Esta actividade forma parte dunha iniciativa conxunta coa Asociación Boca de Sapo, ao frente da que están  Belén, María, Serxio, Juan, Paco e Alex, entre outr@s integrantes (entre os que coido que xa me podo incluir). En conxunto, o obxectivo é promover unha comunidade unida para coidar a contorna e defender o territorio, e a primeira acción é a creación de bosques autóctonos, e a iniciación de actividades educativas que sirvan para concienciar na idea da conservación do noso patrimonio. 

Para a a realización desta actividade teremos o privilexio de contar coa colaboración de, por un lado, Belén Lorenzo Arenal, profesora de Bioloxía no IES Fernando Blanco, e integrante da asociación Boca de Sapo, que nos acompañará  ao longo do roteiro e nos explicará as prantas atopadas. 

Antes da saída, Paco (Francisco Santiago López) realizará unha exposición audiovisual sobre a natureza endémica da Costa da Morte, fauna e flora, e daranos unha pequena charla na Biblioteca do centro. 

A continuación iniciaremos a saída, á que deberemos acudir con calzado apropiado para a auga (o mellor, botas de goma), xa que as chuvias das últimas semanas fixeron que o terreo estea encharcado. 

Irán equipados con bolsas de lixo e luvas de plástico, porque outra das actividades será a recollida de lixo no monte. Este material proporcionarémosllelo no colexio. 

Despóis da recollida de lixo, será Belén a que, xa no monte, realice a exposición sobre flora galega, que manterá durante todo o camiño de volta. 

Para prepararnos, estaremos traballando sobre as prantas autóctonas a vindeira semana. Aquí vos deixo o enlace ao blog de Belén para que os vosos fillos e fillas podan acceder a el e ir estudando para que ao chegar sexan os máis rápidos en recoñecer as especies. Tamén propoñeremos que busquen información sobre esas prantas. 

Blog de Belén Lorenzo. 

Ao longo desta semana iremos publicando máis novas ao respecto. 

ANTIGO ALUMNADO QUE TÉN OS LIBROS DE ESCOLARIDADE PENDENTES DE RECOLLER.

No arquivo adxunto, publicamos a listaxe de antigo alumnado do centro que tén libros de escolaridade pendentes de recoller. Poden pasar a buscalos PERSOALMENTE en hora de dirección ou secretaría. Deben traer o DNI para identificarse e deberán asinar un "recibín" para recoller a documentación. 

AVALIACIÓN INDIVIDUAL PARA 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

No DOG do 26 de abril de 2018 saiu publicada a Resolución do 10 de abril pola que se dictan as instruccións para o desenvovemento da avaliación de diagnóstico de 3º de Primaria

   - Realizarase os días 23 e 24 de maio en horario de clase.(Primeira proba de 09:20 a 10:20, descanso de 30 minutos e segunda proba de 10:50 a 11:40)

   - Avaliaranse a competencia lingüística e a competencia matemática.

   - As probas terán un caracter informativo e orientador.

   - Emitirase:

          - Un informe do alumno para as familias

          - Un informe do centro

 

 

TRABALLOS DE CIENCIAS

Publicamos aquí os traballos elaborados en ppt polo alumnado de 6º de primaria sobre os seres vivos, para que sirvan de axuda no estudio. 

 

Un saúdo. 

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2018/2019: SOLICITUDE DE MATRÍCULA PARA O CEIP PRAIA DE QUENXE

O periodo do proceso de admisión para o curso 2018-2019 abrengue dende o día 1 ata o día 20 de Marzo de 2018.

A normativa que rexe o proceso de admisión é a orde do 12 de marzo de 2013 modificada pola orde do 25 de xaneiro de 2017.

Como novidade nesta convocatoria, o proceso de admisión poderase facer telematicamente a traves da aplicación Admisión Alumnado da Consellería de Educación. Tamén se pode entregar coma sempre as solicitudes no propio centro.

Poden descargar a solicitude de admisión (Anexo II) pulsando aqui.

Poden consultar o Proxecto Educativo do Centro (PE) pulsando aqui.

Tamén teñen que entregar a ficha de solicitude de matrícula do centro xunto coa documentación que nela se indica.

Lembramos a todos que calquera pai/nai se pode achegar ao centro para facer unha visita guiada e coñecer as instalacións no seguinte horario:

HORARIO DE APERTURA DE PORTAS PARA PAIS/NAIS INTERESADOS EN COÑECER O CENTRO:

LUNS :10:05 A 10:55

MARTES: 10:05 A 10:55

MÉRCORES: 10:05 A 10:55

(para entregar os impresos poden vir nas horas de atención ao público do centro)

Admisión e matriculación de alumnado en centros públicos en Galicia para o curso 2018 - 2019

O vindeiro xoves, 1 de febreiro, iniciarase o procedemento de admisión e matriculación do alumnado  de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2018/2019.

 

Estas son as instruccións e os prazos para as familias:

 

1. Antes do 15 de febreiro: Reserva de praza. O alumnado de 6º que estea cursando estudios no noso centro e vaia matricularse en secundaria no centro adscrito, o Fernando Blanco, deberá entregar na nosa dirección ou secretaría o documento de reserva de praza antes do 15 de febreiro. Tedes a posibilidade de realizala de tres formas distintas:

 

    1.1.  Podedes solicitalo na conserxería do colexio, haberá impresos á vosa disposición. 

 

    1.2.  Podedes cubrir e imprimir o modelo no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/3anexos_formateados_ed550a_g.pdf

 

    1.3.  Como novidade, podedes cubrir a vosa reserva de admisión na seguinte aplicación (estará aberta só a partires do 1 de febreiro): https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

(*O alumnado que non vaia realizar a matrícula no Fernando Blanco deberá realizar a solicitude de praza no centro ao que decida optar. O prazo para esta solicitude será desde o 1 ata o 20 de marzo.)

 

2.  Do 1 ao 20 de marzo abrirá o prazo de solicitude de admisión de matrícula para o alumnado de Educación Infantil e Primaria. Para entón publicaremos máis novas ao respecto. 

 

Se tedes dúbidas, estamos á vosa disposición no centro en horario de secretaría ou de dirección, tanto en atención telefónica como presencial.

O CEIP PRAIA DE QUENXE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

24/11/2017 09:15
25/11/2017 23:59
Europe/Madrid

Durante este mes o alumnado do CEIP Praia de Quenxe estivo realizando actividades de reflexión e actuación en contra da violencia de xénero que culminaron o pasado venres 24 de novembro ca exposición do mural coas mans violetas en lazo para manifestarnos en contra da violencia de xénero, ademáis de colaborar co concello na elaboración dos murais de mans brancas co mesmo motivo. Podedes ver dúas fotos do evento nos arquivos adxuntos.

DÍA DA BUXAINA NO CEIP PRAIA DE QUENXE

17/11/2017 10:55
17/11/2017 11:15
Europe/Madrid

Estimadas familias:

 

o vindeiro VENRES 17 DE NOVEMBRO terá lugar no noso centro educativo a tradicional celebración do DÍA DA BUXAINA, iniciativa da nosa ANPA.

Con tal motivo, animamos a que os nenos vaian preparando e traendo ao centro as buxainas xa a partir de mañá. O venres, no primeiro recreo, entre as 10:55 e as 11:15h, será o momento de que tódolos nenos e nenas se animen a poñelas a bailar.

Os papás e mamás que queirades vir xogar estades  moi benvidos e benvidas, igual que  aqueles e aquelas que poidades compartir coñecementos e destrezas sobre esta arte.

Se queredes vir, poderedes acceder ese día pola entrada do patio (fronte ao pavillón, por onde se accede habitualmente na entrada) e compartir con nós un recreo de San Martiño.

Mañá e pasado xa poden ir traendo as buxainas para ir practicando.

Saúdos e viva o San Martiño!!

*Por un erro, na nota da ANPA que se enviou hoxe púxose mércores en lugar de venres.

 

 

Distribuir contido